Taktser
Taktser (en tibetano:སྟག་འཚེར། -Dagcêr, Lugar nas alturas; en chinés 红崖) é unha aldea situada na provincia chinesa de Qinghai no Tíbet. É a aldea na que naceu o Dalai Lama Tenzin Gyatso.
DemografíaEditar
No 1935 estaba controlada polo señor da guerra hui Ma Bufang. Estaba composta por 17 casas, das cales 15 pertencían a tibetanos. No 1985 vivían 40 familias e no 2002 a poboación ascendeu a 50 familias.[1]
NotasEditar
- ↑ John Gittings, Half a century of exile cannot crush Tibetan dreams, guardian.co.uk, February 8th, 2003.
- ↑ Yu Zheng, An enigmatic paradox - How a layman sees the Dalai Lama, China View, Marc 13th, 2009.