Taking Lives (filme)

filme de 2004 dirixido por D. J. Caruso

Taking Lives é un filme estadounidense de 2004 dirixido por D. J. Caruso e protagonizado por Angelina Jolie e Ethan Hawke. Os papeis secundarios están interpretados por Kiefer Sutherland, Olivier Martinez, Tchéky Karyo, Jean-Hugues Anglade e Gena Rowlands. É unha adaptación da novela homónima escrita por Michael Pye, e conta a historia dun asasino en serie que adopta as identidades das súas vítimas.

Taking Lives
Ficha técnica
Título orixinalTaking Lives
DirectorD. J. Caruso
ProdutorMark Canton
Bernie Goldman
GuiónJon Bokenkamp
Baseado enTaking Lives de Michael Pye
IntérpretesAngelina Jolie
Ethan Hawke
Kiefer Sutherland
Olivier Martinez
Tchéky Karyo
Jean-Hugues Anglade
Gena Rowlands
MúsicaPhilip Glass
FotografíaAmir Mokri
MontaxeAnne V. Coates
EstudioVillage Roadshow Pictures
Atmosphere Pictures
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
Estrea 19 de marzo de 2004
Duración103 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense psicolóxico
Orzamento45 millóns de dólares[1]
Recadación65,4 millóns de dólares
Na rede
http://takinglives.warnerbros.com
IMDB: tt0364045 Filmaffinity: 962362 Allocine: 33900 Rottentomatoes: m/taking_lives Mojo: takinglives Allmovie: v288012 TCM: 453849 Metacritic: movie/taking-lives TV.com: movies/taking-lives Netlix: 60033314Editar o valor em Wikidata

O filme foi rodado en Montréal e na cidade de Quebec, no Quebec. A banda sonora orixinal foi composta por Philip Glass e o tema principal foi composto por Walter Werzowa, membro do grupo electónico Edelweiss.

Estreouse nos Estados Unidos o 19 de marzo de 2004 a través de Warner Bros. Pictures, e polo xeral recibiu críticas mixtas de tendencia negativa.[2]

Personaxes editar

Recadación editar

Taking Lives recadou 32 682 342 dólares nos Estados Unidos, sumando un total de 65 470 529 dólares coa recadación internacional.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Box Office Mojo (ed.). "Taking Lives (2004)". Consultado o 17 de maio de 2010. 
  2. "Taking Lives Reviews". Rotten Tomatoes. San Francisco, California: Fandango Media. Consultado o 20 de xuño de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar