TTS 4

Satélite artificial de investigación estadounidense.
(Redirección desde «TTS-4»)

TTS 4 (Test and Training Satellite 4), tamén coñecido como TETR 4, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 29 de setembro de 1971 mediante un foguete Delta N desde Cabo Cañaveral.[2][5]

TTS 4 / TETR 4
TipoTecnolóxico
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento29 de setembro de 1971[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta N[2][5]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2]
Obxectivo da misiónDesenvolvemento de tecnoloxía e estudo do medio ambiente espacial.[2]
Decaemento19 de setembro de 1978[1]
NSSDC ID1971-083B
Masa20,4 kg[2][6][7]

Características editar

TTS 4 foi un dos membros exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. TTS 4 foi lanzado no mesmo foguete que o satélite OSO 7 e expulsado ao cumprirse o primeiro minuto da ignición da terceira etapa. A súa función foi servir de satélite de adestramento para as estacións terrestres asignadas ó proxecto Apollo antes da misión Apolo 16, para o cal levaba a bordo un transpondedor de 0,5 vatios en banda S. Tiña forma de octaedro duns 30 cm de lado e a alimentación eléctrica era proporcionada por células solares que recubrían a superficie do satélite e que recargaban as baterías de a bordo, de níquel-cadmio. TTS 4 foi inxectado nunha órbita inicial de 571 km de apoxeo e 391 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 33,0 graos e un período de 94,3 minutos. Reentrou na atmosfera o 19 de setembro de 1978.[1][2][3][6][7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "TETR 4" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "TETR 4" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 18 November 1971 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (71-25536). 26 de novembro de 1971: 4. Consultado o 30 de abril de 2022. 
  4. Claude Lafleur (2010). "TETR 3" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "TTS, TETR (ERS)" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "ERS" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 
  7. 7,0 7,1 Jos Heyman (2005). "ERS" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar