TRD (Tren Rexional Diésel) foi un servizo ferroviario de Media Distancia (orixinariamente da Unidade de Negocio de Rexionais RENFE) convencional prestado por Renfe Operadora en España. De gama media e baixa capacidade para traxectos directos ou semidirectos en liñas non electrificadas, todos os trens deste tipo foron servidos sempre con material da serie 594.

TRD co logo da extinta Unidade de Negocio "Rexionais RENFE" na estación da Coruña.

Historia editar

As primeiras unidades S-594 foron entregadas a RENFE en 1997[1] e as primeiras viaxes comerciais tiveron lugar en Galiza, a partir do 28 de setembro dese mesmo ano, entre as cidades da Coruña e Vigo. En maio de 1998 estes servizos botaron a andar en Andalucía e, desde 1999, entre Madrid e Salamanca.[2][3]

Cubriron numerosas liñas e foron paulatinamente sendo substituídos por servizos R-598, MD e Intercity, para os que se empregaron vehículos máis modernos nos máis dos casos.

A marca TRD en Galiza editar

As primeiras unidades dos 594 foron bautizadas con nomes de ilustres galegos, que apareceron rotulados sobre vinilo nas cabeceiras dos automotores coa cor da franxa da bandeira galega, facéndose logo de xeito análogo coa cor verde para os vehículos destinados a Andalucía.[4][5]

En 2004 anunciábase o que sería a progresiva substitución deste servizo coa chegada das novas unidades da serie 598. [6] [7] Porén, a repercusión da que gozaron as siglas TRD foi tal, que anos despois da súa extinción aínda seguían a ser empregadas entre usuarios e medios de comunicación.[8] [9]

Características editar

A posta en servizo da serie 594 supuxo unha serie de melloras con respecto ao material motor diésel existente en canto a confort (asentos reclinábeis, aire acondicionado, portas corredeiras illantes, mesas encartábeis en cada asento, ...) e velocidade (incremento a 160 km/h), que fixeron que as liñas operadas con este tipo de vehículos fosen denominadas baixo a nova marca TRD para podelas distinguir dos trens rexionais precedentes, de menores prestacións. Dispuñan de clase única e durante un tempo circularon por liñas de alta velocidade mediante cambio de largo CAF.

Os automotores diésel que sucederían aos 594 tamén trouxeron melloras en canto a prestacións, polo que a denominación TRD ficou restrinxida a servizos realizados con esta serie.[2]

Notas editar

  1. "TREN REGIONAL TRD S/594 RENFE". CAF (en castelán). Consultado o 2018-10-04. 
  2. 2,0 2,1 Rivera, Ángel (2014-06-29). "Trenes y tiempos: Los TRD 594: Unos trenes con polémica". Trenes y tiempos. Consultado o 2017-12-28. 
  3. "Nuestros Trenes". www.renfe.com (en castelán). Consultado o 2018-10-04. 
  4. "Renfe Operadora - 594". www.listadotren.es (en castelán). Consultado o 2018-10-04. 
  5. "Serie 594.TRDs". Foro Trenes (en castelán). Consultado o 2018-10-04. 
  6. "Renfe supedita a la demanda el número de trenes TRD que renovará en Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-09-10. Consultado o 2018-10-04. 
  7. "O BNG demándalle ao goberno español 16 novos trens TRD para Galiza". www.vieiros.com. Consultado o 2018-10-04. 
  8. Pérez, Paula (2012-01-14). "Renfe admite que el AVE entre Ourense y Santiago circula con tres de cada cuatro plazas vacías". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2018-10-04. 
  9. Uz, Carmen. "Viaje entre eucaliptos y traviesas del siglo XIX". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2018-10-04. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar