Terminal punto de venda

(Redirección desde «TPV»)

TPV é o acrónimo de terminal punto de venda (en inglés "POS terminal" ou "Point of sae terminal"). Fai referencia ao dispositivo e tecnoloxías que axudan na tarefa de xestión dun establecemento comercial de venda ao público.

Terminais puntos de venda nunha tenda.

Estes locais poden contar con sistemas informáticos especializados que axudan nas tarefas de xestión do punto de venda mediante unha interface accesible para os vendedores que se denomina terminal de punto de venda ou TPV.

Os TPV permiten a creación e impresión do tícket de venda mediante as referencias de produtos, realizan diversas operacións durante todo o proceso de venda, así como cambios no inventario. Tamén xeran diversos reportes que axudan na xestión do negocio. Os TPV componse dunha parte hardware (dispositivos físicos) e outro software (sistema operativo e programa de xestión).

Datáfono editar

O nome datáfono, erroneamente chamadoTPV, dáse ao equipo que se instala nos establecementos comerciais, empresas de servizos, bancos, hoteis, liñas aéreas... para que estes poidan realizar transaccións electrónicas cos cartóns de crédito ou débito dos bancos.

O antecedente do uso destes equipos remóntase aos anos 1970. Na actualidade estes terminais poden ser tamén sen fíos e o seu uso está amplamente estendido en todo tipo de establecementos: restaurantes, gasolineiras etc., xa que axiliza as operacións de venda e proporciona seguridade tanto a clientes como a prestadores de servizos. Desenvolveuse software de acordo coas necesidades de cada tipo de comercio e continuamente xorden actualizacións tanto de hardware como de software.