O Tradice Odpovědnost Prosperita ou TOP (en galego Tradición Responsabilidade Prosperidade) é un partido político checo situado politicamente no centro-dereita.[1][2] A nivel europeo está afiliado ao Partido Popular Europeo. Actualmente é a terceira forza política na República Checa con 41 deputados no Parlamento. O seu líder é Karel Schwarzenberg e destaca polo seu apoio ao mercado libre e á Unión Europea.[3]

Tradice Odpovědnost Prosperita (TOP 09)
Tradición Responsabilidade Prosperidade
Dirixentes e organización
LíderMiroslav Kalousek
Filiación internacionalUnión Internacional Demócrata
Historia
Fundación11 de xuño de 2009
Posicións políticas
IdeoloxíaConservodorismo fiscal
Conservadorismo liberal
Proeuropeísmo
Representación
Representación26 deputados no Parlamento da República Checa
1 senadores no Senado da República Checa
1 eurodeputado
44 concelleiros rexionais
1.171 concelleiros
Outros datos
SedeMichnův palác, Újezd 450/40,
118 00 Praga - Malá Strana
Na rede
www.top09.cz
Twitter: TOP09cz Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O partido foi fundado o 11 de xuño de 2009 por Miroslav Kalousek como unha facción a prol do mercado libre do Křesťanská a demokratická unie – Československá strana lidová (Partido Demócrata Cristián]].[4] Karel Schwarzenberg, antigo Ministro de Asuntos Exteriores da República Checa nomeado polo Strana zelených (Partido Verde), converteuse no seu primeiro líder do partido.[5]

Con base nas enquisas de intención de voto, o partido pronto gozou de popularidade como segundo partido máis forte da dereita (o ODS era o primeiro),[6] como se confirmou tralas Eleccións ao Parlamento Checo 2010, cando conseguiu un 16.70 % dos votos, mentres que ODS se fixo co 20.22 %.[7]

O TOP 09 atópase actualmente na coalición de goberno xunto con ODS e o Věci veřejné (Relacións Públicas). Neste goberno de coalición, o TOP 09 conta con 5 ministros:

En setembro de 2010, o TOP 09 solicitou a súa adhesión como membro ao Partido Popular Europeo. Karel Schwarzenberg ten participado tamén en dous congresos do PPE (15 de setembro[8] e 16 de decembro de 2010[9]). O 10 de febreiro de 2011 o TOP 09 foi aceptado oficialmente como membro do PPE.[10]

O influente deputado Jan Březina deixou o partido para unirse ao KDU–ČSL en febreiro de 2012.[11]

Notas editar

  1. "Tůma likely to head Prague ballot for TOP 09". Radio Praga. 13 July 2010. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2010. Consultado o 12 agosto 2010. 
  2. Gardner, Andrew (30 xuño 2010). "Deal struck on Czech government". European Voice. Consultado o 12 August 2010. 
  3. "Czech TOP 09 supports EU integration". Czech News Agency. 26 October 2009. 
  4. (en alemán) Klausmann, Alexandra (21 de maio de 2010). "Tschechien: Jugend vereint gegen Linksparteien". Wiener Zeitung. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2011. Consultado o 19 de outubro de 2012. 
  5. "Schwarzenberg to be Kalousek's Czech TOP 09 party leader". Czech News Agency. 11 xuño 2009. 
  6. "Volby 2010". Lidové noviny. Czech Republic. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 19 de outubro de 2012. 
  7. "Official results of election to the Parliament of the Czech Republic 2010". Volby.cz. 29 May 2010. Consultado o 14 abril 2011. 
  8. administrator (16 setembro 2010). "EPP welcomes European Council conclusions; Roma issue should not be exploited". Epp.eu. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2011. Consultado o 19 de outubro de 2012. 
  9. administrator. "EPP official website". Epp.eu. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2011. Consultado o 19 de outubro de 2012. 
  10. "TOP 09 členem nejsilnější evropské strany – TOP 09". Top09.cz. 
  11. (en checo) Němec, Jan (8 febreiro 2012). "Rána pro lidovce, známý europoslanec Březina je opouští". Aktuálně. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar