TOMS-EP, acrónimo de Total Ozone Mapping Spectrometer - Earth Probe, é un satélite artificial da NASA lanzado nun foguete Pegasus XL desde a Base Vandenberg da Forza Aérea o 2 de xullo de 1996.[2][3][5][6]

TOMS-EP / Total Ozone Mapping Spectrometer - Earth Probe
Representación de TOMS-EP.
TipoObservación terrestre
OrganizaciónNASA
Contratistas principaisTRW
Data de lanzamento2 de xullo de 1996, 7:48 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorPegasus XL[3][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[3][6]
Obxectivo da misiónEstudo da distribución de ozono na atmosfera terrestre.[3][6]
NSSDC ID1996-037A
Masa248 kg[3]
Datos orbitais
Semieixo maior7087 km[1]
Inclinación98,1 graos[1]
Apoapse735,5 km[1]
Periapse696,9 km[1]

Características editar

A misión de TOMS-EP foi continuar as medicións da distribución de ozono e dióxido de xofre na atmosfera terrestre feitas por anteriores satélites, como o Nimbus 7 estadounidense e o Meteor 3 soviético. As medicións continuaron mediante satélites como ADEOS e Meteor 3M. Tiña unha altura de 1,73 m e 3,90 m de envergadura cos paneis solares estendidos, que xeraban unha potencia de ata 275 vatios. O satélite estabilizábase nos tres eixos.[3][5][6]

O lanzamento de TOMS-EP estaba programado para 1994, pero o fallo dos dous primeiros Pegasus XL atrasou o lanzamento a 1996, facendoo coincidir con ADEOS, que tamén se adicou a facer medicións do ozono e tería que ter sido o seu sucesor. TOMS-EP foi finalmente posto nunha órbita inferior á planeada para non recoller os mesmos datos que ADEOS e de paso facer medicións de maior resolución.[3][5][6]

O instrumento TOMS tiña unha masa de 35 kg e consumía 25 W de potencia de media. Facía medicións cunha resolución de 47 km no nadir e 62 km en xeral, recollendo datos en bandas de 2750 km de longo. Era capaz de facer 35 medicións cada 8 segundos.[3][5][6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "TOMS EP" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 30 June 1997 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (97-25680T). 31 de xullo de 1997: 2. Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (21 de marzo de 2017). "TOMS-EP" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "TOMS-EP / TOMS Earth Probe" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "TOMS-EP" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2011). "TOMS-EP" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar