TRIF

(Redirección desde «TICAM1»)
Molécula adaptadora do receptor de tipo Toll 1
Identificadores
Símbolo TICAM1
Símbolos alt. TRIF
Entrez 148022
HUGO 18348
OMIM

607601

RefSeq NM_014261
UniProt Q8IUC6
Outros datos
Locus Cr. 19 p13.3

O TRIF ou TICAM1 é un adaptador que responde á activación de receptores de tipo Toll (TLRs). É un mediador nunha fervenza bastante atrasada de reaccións dun conxunto de dúas fervenzas de sinalización asociadas a TLRs, das que a outra é dependente dun adaptador MyD88.[1]

Os receptores de tipo Toll (TLRs) recoñecen compoñentes específicos de invsaores microbianos e activan unha resposta inmune a eses patóxenos. Despois de que eses receptores recoñecen padróns patoxenicos altamente conservados, actívase unha fervenza de sinalización augas abaixo para estimular a liberación de citocinas inflamatorias e quimiocinas, así como regula á alza a expresión de células inmunes. Todos os TLRs teñen un dominio TIR que inicia a fervenza de sinalización por medio de adaptadores TIR. Os adaptadores son plataformas que organizan fervenzas de sinalización augas abaixo que orixinan unha resposta celular específica despois da exposición a un determinado patóxeno.[2]

Nome editar

TRIF son as siglas coas que se coñece tradicionalmente esta molécula, procedentes do inglés TIR-domain-containing adapter-inducing interferon-β, é dicir, interferón beta indutor do adaptador que contén un dominio TIR. Non obstante, actualmente o seu símbolo oficial é TICAM1, do inglés TIR-domain-containing adapter molecule 1 ou molécula adaptadora que contén un dominio TIR. O seu nome aprobado para o HGNC é molécula adaptadora do receptor de tipo Toll 1 (ver HUGO cadro de datos).

Estrutura editar

O TRIF está primeirmente activo no bazo e a miúdo está regulado cando MyD88 é deficiente no fígado, indicando unha regulación específica de órgano de vías de sinalización. Curiosamente, hai unha falta de redundancia na vía de sinalización de TLR4 que causa a evasión microbiana da resposta inmune no hóspede cando ocorren mutacións nos intermediarios da vía.[3] Tres motivos de unión a TRAF presentes na rexión amino terminal do TRIF son necesarios para a asociación con TRAF6. A destrución destes motivos reduce a activación de NF-κB, un factor de transcrición que é tamén activado polo dominio carboxilo terminal de TRIF na regulación á alza de citocinas e moléculas inmunes coestimuladoras. Este dominio recruta a proteína que interacciona co receptor (RIP1) e tamén con RIP3 por medio do motivo de interacción homotípico RIP. As células deficientes no xene RIP1 mostran unha activación atenuada feita por TLR3 de NF-κB, o que indica o uso do xene RIP1 na activación de TRIF augas abaixo, a diferenza doutros TLRs que usan proteínas IRAK para a activación de NF-κB.[4]

Áreas de investigación editar

As investigacións sobre a función do TRIF son de grande importancia en varios campos de investigación biomédica. A patoxénese de enfermidades infecciosas, shock séptico, crecemento de tumores e artrite reumatoide teñen estreitos vínculos coas vías de sinalización de TLR, especificamente coa de TRIF. Comprender mellor a vía de TRIF será útil terapeuticamente no desenvolvemento de vacinas e tratamentos que poden controlar a inflamación asociada e as respostas antivirais. Os experimentos con ratos de tipo silvestre e deficientes en TRIF son cruciais para entender as respostas coordinadas das vías dos TLRs. Cómpre estudar os efectos coordinados destas vías para comprendermos as complexas respostas iniciadas por TRIF.[5]

Notas editar

  1. Palsson-McDermott, Eva M.; O'Neill, Luke A. J. (2004). "Signal transduction by the lipopolysaccharide receptor, Toll-like receptor-4". Immunology 113 (2): 153–162. PMC 1782563. PMID 15379975. doi:10.1111/j.1365-2567.2004.01976.x. 
  2. Guo B, Cheng G (2007). "Modulation of the interferon antiviral response by the TBK1/IKKi adaptor protein TANK". J. Biol. Chem. 282 (16): 11817–26. PMID 17327220. doi:10.1074/jbc.M700017200. 
  3. Palsson-McDermott, Eva and Luke A J O’Neill (2004) Immunology. 113(2) 153-162
  4. Kawai, Taro and Shizuo Akira. (2004). Arthritis Res. Ter. 7(1) 12-19
  5. Ouyang X, Negishi H, Takeda R, Fujita Y, Taniguchi T, Honda K (2007). "Cooperation between MyD88 and TRIF pathways in TLR synergy via IRF5 activation". Biochem. Biophys. Res. Commun. 354 (4): 1045–51. PMID 17275788. doi:10.1016/j.bbrc.2007.01.090. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar