Transxelina

(Redirección desde «TAGLN»)
PDB 1ujo
Transxelina
Identificadores
Símbolo TAGLN
Símbolos alt. SM22; SMCC; TAGLN1; WS3-10
Entrez 6876
OMIM

600818

RefSeq NP_001001522
UniProt Q01995
Outros datos
Locus Cr. 11 117.07 – 117.08 Mb

A transxelina (TAGLN) é unha proteína que nos humanos está codificada polo xene TAGLN do cromosoma 11.[1][2][3]

A proteína transxelina é unha proteína xelificante/creadora de pontes cruzadas coa actina sensible aos cambios de forma celulares e ás transformacións (como as producidas nas células mesenquimais por virus ou por cambiar a condicións de cultivo non adherentes), que se encontra nos fibroblastos e no músculo liso. A súa expresión está regulada á baixa en moitas liñas celulares, e está regulación á baixa pode ser un marcador sensible e temperán para o comezo da transformación. Ao feito de que produza xeles e sexa sensible ás transformacións débese o seu nome (trans-xel-ina). O papel funcional desta proteína non está claro. Neste xene atopáronse dous transcritos variantes que codifican a mesma proteína.[3] A transxelina ten un peso molecular de 22 kDa e ten unha similitude estrutural coa calponina.

Notas editar

  1. Kobayashi R, Kubota T, Hidaka H (Mar 1994). "Purification, characterization, and partial sequence analysis of a new 25-kDa actin-binding protein from bovine aorta: a SM22 homolog". Biochem Biophys Res Commun 198 (3): 1275–80. PMID 8117285. doi:10.1006/bbrc.1994.1180. 
  2. Thweatt R, Lumpkin CK Jr, Goldstein S (Oct 1992). "A novel gene encoding a smooth muscle protein is overexpressed in senescent human fibroblasts". Biochem Biophys Res Commun 187 (1): 1–7. PMID 1520290. doi:10.1016/S0006-291X(05)81449-4. 
  3. 3,0 3,1 "Entrez Gene: TAGLN transgelin". 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar