Títeres Cachirulo
Títeres Cachirulo é unha compañía de teatro, creada en Compostela en 1986.
Traxectoria
editarPresentaron o seu primeiro espectáculo en xaneiro dese mesmo ano na I Mostra da Literatura Infantil e Xuvenil, celebrada no Pazo de Bendaña.
As súas obras están dirixidas maioritariamente a un público infantil, se ben desde 1990 tamén teñen obras para tódolos públicos.
En 1990 comezaron a preocuparse pola investigación teatral, coa construción de marionetas e obxectos escénicos. Froito da recompilación de elementos adquiridos e construídos, xurdiron exposicións con diferentes motivos.
Teñen actuado por toda a xeografía galega e mesmo en mostras e festivais de Europa e América Latina.
Os seus membros son Xurxo Rei e Carmen Domech Martínez.
A compañía colabora na organización do Festival Internacional de Títeres "Galicreques", así como na programación da Sala Yago de Compostela e a edición de Bulubú, "a revista dos títeres".