Un tándem[1] (do inglés tandem, e á súa vez do latín tandem, ao longo de) é un vehículo sen motor de dúas rodas aliñadas sobre un cadro resistente.

Tándem nun cadro de Casas, 1897.
Tándem en Turquía.

Características editar

O tándem é unha variante da bicicleta. Ten capacidade para transportar dúas ou máis persoas. Móvese grazas á forza transmitida polos ciclistas á roda traseira mediante unha cadea accionada por tantos pares de pedais como ciclistas.

Hai tamén modelos triciclos, con dúas rodas traseiras. Nos últimos anos están proliferando especialmente os tándems de montaña, pois a súa lonxitude proporciónalles unha estabilidade maior. Tamén a relación entre masa morta e forza é máis vantaxosa que nunha bicicleta sinxela, polo que a subida de costas resulta máis lixeira. Asemade a forza de freado exercida polo ar nas baixadas é menor, pois só o ciclista dianteiro ofrece resistencia.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tándem.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar