Táboas de Vipasca

Táboas de Vipasca (Época romana; ano 117-138 d.C.), tamén coñecidas como Lex metalli Vipascensis son dúas placas de bronce atopadas no sitio arqueolóxico de Vipasca, antigo centro mineiro romano atopado preto de Aljustrel, distrito de Beja, Portugal. As táboas foron descubertas por primeira (Vipasca I) en 1876 nun vertedoiro de entullos, o segundo (Vipasca II) en 1906.

A primeira, denominada Vipasca I, ten nove capítulos gravados en letra latina que recompilan a organización e os dereitos dos inquilinos dos distintos servizos, refiriéndose a unha lei xeral, lex metallis dicta, a partir da cal descende.[1] A segunda consta de 46 liñas dunha lex metallis dicta que di respecto á lexislación que regula a exploración no territorio mineiro (Metallum Vipascense), con indicacións moi precisas en relación ás obrigacións fiscais, aos deberes do propietario e as sancións a aplicar a todos os escravos e homes libres que ousassem infrinxir as regras establecidas na provincia da Lusitania.[2][3] Constitúen, polo tanto, un testemuño excepcional sobre a exploración mineira baixo o Imperio Romano e representan unha das fontes máis importantes para o coñecemento do dereito romano na Península Ibérica.[3]

As dúas táboas aparentemente datan do reinado de Hadriano. A segunda placa presenta cinco buratos para fixación e encóntrase parcialmente dobrada. Os textos están redactados formalmente en forma de carta enderezada a Úpio Eliano, procurador do distrito mineiro de Vipasca. Ten 55 cm de largo, 76,5 cm de longo e 1,2 cm de groso.[4]

Pola lectura desta lei sábese que as riquezas do subsolo pertencían ao Estado e que a explotación deses recursos tamén era feita so concesión. Sábese aínda como funcionaba a povoação xunto ás minas, o que dicía o contrato de arrendamento das termas, que prezos se debían practicar e que funcións tiña o mestre-escola. Naquela época, – século II – a fiscalidade non durmía.[3]
 
— Carlos Fabião, Museo Nacional de Arte Romano de Mérida

Notas editar

  1. Inscription CIL II, 05181
  2. Inscription AE 1906, 00151
  3. 3,0 3,1 3,2 Lucinda Canelas (31 de Xanero de 2016). Público, ed. "Lusitânia: Uma terra no fim do mundo". Consultado o 2 de xuño de 2017. 
  4. Museu Nacional de Arqueologia (ed.). "Tábua de Vipasca II". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 2 de xuño de 2017. 

Bibliografía editar

  • Claude Domergue, La Mine antique d'Aljustrel (Portugal) et les tables de bronze de Vipasca, Bordeaux, 1983.
  • Sergio Lazzarini, Lex metallis dicta. Studi sulla tavola di Vipasca, Roma, 2001 (só di respecto á táboa 2).