Tània Balló Colell

Tània Balló Colell, nada en Barcelona en 1977, é directora e produtora de cine e televisión, guionista e escritora española. É impulsora do proxecto transmedia Las Sinsombrero, xunto con Serrana Torres e Manuel Jiménez Núñez, sobre as pensadoras e artistas pertencentes á Xeración do 27.

Traxectoria editar

Balló estudou no Centre d’Estudis Cinematogràfics de Catalunya (CECC) e realizou o posgrao sobre Documental, Investigación e Desenvolvemento da Universidade de Nova York.[1] En 2011, realizou o curso de especialista en Historia e Estética da Cinematografía da Universidade de Valladolid e o Taller de Documental de Televisión Española.[2]

En 2003, co colectivo de realizadores "Discusión 14", asinou o documental 200 Km sobre a marcha dos traballadores despedidos de Sintel a Madrid, que foi seleccionado polo Festival de Internacional de Cine de Donostia, o Festival de Cine de España de Tolosa, o Festival de Bogotá e o Festival Internacional de San Francisco.[3][4] Dous anos despois, en 2005, traballou como directora de produción noutra obra colectiva: a longametraxe Entre el ditador y yo, na que seis directores realizaron unha peza de nove minutos sobre o seu recordo persoal da figura do ditador español Francisco Franco.

Como produtora, en 2012 Balló fundou xunto a Serrana Torres Intropía Media, empresa responsable de Las Sinsombrero.[5] Posteriormente, fundou tamén Nina Produccions para desenvolver proxectos de impacto, como o documental Milicianes sobre o batallón feminino de Mallorca durante a guerra civil española, nunha multiplicidade de formatos.[6]

En 2013, Balló foi produtora delegada na longametraxe arxentina de ficción Infancia clandestina do director Benjamín Ávila. A película está protagonizada por Ernesto Alterio, Natalia Oreiro, César Troncoso, Cristina Banegas e Teo Gutiérrez Romero, e contou coa coprodución de España e o Brasil. Estreouse no Festival de Cannes na sección Quincena de Realizadores,[7] e estivo nomeada aos Premios Goya como Mellor Película Hispanoamericana.[8] Dous anos despois e xunto a Serrana Torres e Manuel Jiménez-Núñez, codirixiu e produciu o webdoc Las Sinsombrero en colaboración con Televisión Española.[9][10] O obxectivo deste proxecto era recuperar, divulgar e perpetuar o legado das artistas esquecidas da Xeración do 27 coñecidas como Las Sinsombrero, e tras o seu éxito, Balló publicou en 2016 o libro Las Sinsombrero. Sin ellas la historia no está completa editado polo Grupo Planeta.[11][12]

En 2016 produciu Oleg y las raras artes,[13] xunto con Serrana Torres e Marta Andreu, un documental dirixido polo cineasta Andrés Duque sobre o pianista ruso Oleg Karavaichuk . O protagonista da película é un personaxe excéntrico, sensíbel e prodixioso que tocou o piano para Stalin e compuxo bandas sonoras para películas e obras de teatro. Ese ano estreouse na Sección de Voices do Festival Internacional de Cine de Rotterdam nos Países Baixos e gañou o premio á Mellor Película na 10ª edición do Festival Punto de Vista en Navarra.[14][15] Ao ano seguinte, en 2017, xunto co historiador Gonzalo Berguer Querido diario: hoy ha empezado la guerra, un libro que saca á luz os diarios escritos durante a guerra civil española da moza barcelonesa Pilar Duaygües Nebot.[16] Tamén en 2017 dirixiu e escribiu a curtametraxe Mamáguerra que mostra a guerra civil española desde a perspectiva da maternidade recollida no diario de Carmen Manso.[17]

En 2018, Balló comisariou xunto con Gonzalo Berguer a mostra No pasarán, organizada pola Oficina de Dereitos Humanos e Memoria do Concello de Madrid e dedicada aos madrileños que se enfrontaron aos franquistas cando o Goberno da Segunda República abandonou a capital en 1936.[18]

Filmografía editar

  • 2003 – 200 Km. Colectivo "Discusión 14". Codirectora.
  • 2013 – Infancia clandestina. Benjamín Ávila. Produtora delegada.
  • 2015 – Las Sinsombrero. Tània Balló, Serrana Torres, Manuel Jiménez-Núñez. Guión, dirección, produción.
  • 2016 – Oleg y las raras artes. Andrés Duque. Produtora.
  • 2017 – Mamáguerra. Tània Balló. Directora e guionista.

Obra editar

  • 2016 – Las Sinsombrero. Sin ellas la historia no está completa. Espasa, Grupo Planeta.
  • 2017 – Querido diario: hoy ha empezado la guerra. Pilar Duaygües Nebot, Espasa. Grupo Planeta. Editado junto a Gonzalo Berguer.
  • 2018 – Las sinsombrero 2. Ocultas e impecables. Espasa, Grupo Planeta.
  • 2021 – El caso Wanninkhof - Carabantes. Documental.[19]


Notas editar

  1. "Directores de cine en Cataluña. De la A a la Z". Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  2. Crusells, Magí (2009). Directores de cine en Cataluña: de la A a la Z (en castelán). Edicions Universitat Barcelona. ISBN 9788447533169. Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  3. "ICAA. Catálogo de cine español." (PDF). Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  4. Taboada, Lucía (2 de xuño de 2013). "El caso Sintel, un hito de la lucha sindical". Cadena SER (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  5. "'Imprescindibles' estrena 'Las Sinsombrero', un documental que reivindica a las artistas de la Generación del 27 - RTVE.es". RTVE.es (en castelán). 8 de outubro de 2015. Consultado o 2 de marzo de 2018. 
  6. "La dona combatent". El Punt Avui (en catalán). Consultado o 2 de marzo de 2018. 
  7. Fotogramas.es. "'Infancia clandestina': España también participa en Cannes". Fotogramas (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  8. "Infancia clandestina » Premios Goya 2018" (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  9. "Las Sinsombrero" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2018. Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  10. "Sin nombre y sin sombrero: las artistas borradas de la Generación del 27". eldiario.es (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  11. MADRID, EFE / (22 de febrero de 2016). ""Las sinsombrero" saca del olvido a las mujeres de la Generación del 27". elperiodico (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  12. "Las mujeres de la Generación del 27: Ellas, el género neutro". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  13. "Oleg y las raras artes. Ficha en el Catalogo de Películas ICAA". Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  14. "Oleg y las raras artes". IFFR (en inglés). 18 de xaneiro de 2016. Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  15. "Punto de Vista - Festival Internacional de Cine Documental de Navarra". Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  16. "La Ana Frank de la Guerra Civil". El Correo (en castelán). 22 de outubro de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  17. "Mamaguerra". Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  18. "“No pasarán”, una exposición en recuerdo a los defensores de Madrid contra el fascismo". Diario de Madrid (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  19. Momoitio, Andrea (2021-06-25). "Nadie ha pedido perdón a Dolores Vázquez". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2021-06-25. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar