Syntexis libocedrii

especie de insecto

Syntexis libocedrii é unha especie de insecto himenóptero da suborde dos sínfitos, a única viva actualmente sa superfamilia dos anaxieloideos e da súa única familia, a dos anaxiélidos, aínda que a familia ten un extenso rexistro fósil no Mesozoico. Esta especie é, polo tanto, un fósil vivente.

Taxonomía editar

Tanto o xénero como a especie foron descitos en 1915 polo entomólogo estadounidense, especializdo nos himenópteros Sievert Allen Rohwer,[1][2] como integrante da familia dos céfidos, na súa obra "A remarkable new genus of Cephidae" Proceedings of the Entomological Society of Washington 17: 114-117.[3] (Aída que despois, en 1925, foi reclasificada na familia dos anaxiélidos por Andrei Vasiliévich Martynov).[4][5]

Características editar

Ten o notábel comportamento de que as femias ovipositan só nas especies dos xéneros Calocedrus, Thuja e Juniperus queimados recentemente, e mesmo a miúdo a madeira aínda está a arder mentres esta avespa pon os ovos, e as larvas desenvólvense na madeira.[6]

Distribución editar

S. libocedrii encóntrase desde as montañas do centro de California até o sur da Columbia Británica, pero é moi poucas veces visto, excepto polos bombeiros.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. Seltmann 2004.
  2. Syntexis Rohwer, 1915 no ITIS.
  3. Syntexis libocedrii Rohwer, 1915 no GBIF.
  4. Robert G. Foottit & Peter H. Adler, eds. (2017): Insect Biodiversity. Science and Society, Volume 1, 2nd Edition. Hoboken, Nova Jersey, USA: Wiley-Blackwell. ISBN 978-1-1189-4553-7.
  5. Bisby F. A., Roskov, Y. R., Orrell, T. M., Nicolson D., Paglinawan L. E., Bailly, N., Kirk, P. M., Bourgoin, T., Baillargeon, G. & Ouvrard D. (eds.) (6 de xuño sw 2011): "Species 2000 & ITIS Catalogue of Life: 2011 Annual Checklist". Species 2000: Reading, UK. Consultada o 6 de xuño de 2012.
  6. Schiff, N. M. (2000): "Insects associated with forest fires in Northern California and Oregon". Entomological Society of America meeting. Montreal.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar