Synchronet

paquete de software para BBS

Synchronet é un paquete de software multiplataforma para BBS, actualmente portado para Microsoft Windows, Linux, e versións de BSD. As versións antigas tamén funcionaban en MS-DOS e OS/2, pero as versións máis recentes deixaron de darlles soporte.

O enxeñeiro de software Rob Swindell foi o autor de Synchronet en 1991, formou a súa propia compañía, Digital Dynamics, para distribuír o produto, sobre todo a través de anuncios en Boardwatch e BBS Callers Digest. A partir da versión 1a.10 (xullo de 1992) Synchronet foi o primeiro sotware BBS en soportar de forma nativa o formato QWK, e foi tamén o primeiro en soportar o protocolo RIP (versión 1b.1, 23 de xaneiro de 1993).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.