Symphonie

(Redirección desde «Symphonie 1»)

Symphonie foi unha serie de dous satélites de comunicacións europeos froito da colaboración entre Francia e Alemaña.[1][2]

Representación artística de Symphonie 2.

Características editar

Os dous satélies Symphonie foron satélites experimentais cos que Europa gañou experiencia no campo das comunicacións por satélite. O proxecto comezou en 1967 como unha colaboración entre Francia e Alemaña. Os dous satélites eran relativamente pequenos, de 230 kg ao chegar á órbita xeoestacionaria, estaban estabilizados nos tres eixos e usaban paneis solares. Cada un levaba dous transpondedores e excederon o seu tempo de vida previsto de cinco anos. Foron lanzados entre 1974 e 1975, con Symphonie 1 sendo enviado a unha órbita cemiterio en 1983 e Symphonie 2 en 1985. Construíuse unha terceira unidade, pero non foi lanzada. Para os lanzamentos usáronse foguetes Delta 2914, aínda que orixinalmente estaba planeado usar foguetes Europa 2 que nunca chegaron a estar en servizo.[1][2]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Symphonie 1 19 de decembro de 1974 Delta 2914 Éxito
Symphonie 2 27 de agosto de 1975 Delta 2914 Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2022). "Symphonie" (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Symphonie 1, 2" (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar