Sylvia Kristel

actriz neerlandesa

Sylvia Kristel, nada en Utrecht o 28 de setembro de 1952 e finada en Ámsterdam o 17 de outubro de 2012[1], foi unha actriz, modelo e cantante holandesa. O seu papel de maior sona foi o de protagonista do filme erótico francés Emmanuelle en 1974.

Sylvia Maria Kristel
Sylvia Kristel 926-2274.jpg
Sylvia Kristel, 1973.
Nome completoSylvia Maria Kristel
Nacemento28 de setembro de 1952
LugarUtrecht, Países Baixos
Falecemento18 de outubro de 2012
LugarÁmsterdam, Países Baixos
Causacancro do esófago e cancro de pulmón
NacionalidadeReino dos Países Baixos
ProfesiónActriz (1973 - 2010)
editar datos en Wikidata ]

IniciosEditar

Comenzou a súa carreira profesional coma modelo adolescente, sendo escollida Miss TV Europe no 1972

EmmanuelleEditar

Kristel acadou sona en todo o mundo ó protagonizar en 1974 a súa primeira película, Emmanuelle, baseada na novela homónima de Emmanuelle Arsan, e dirixida por Just Jaekin. A actriz cobrou pola súa participación 150.000 dólares, recadándose entre 50 e 350 millóns de dólares.

Posteriormente protagonizou varias secuelas, como Emmanuelle 2 (1975), Goodbye Emmanuelle (1977) e Emmanuelle 4 (1984).

Outras actuaciónsEditar

Malia ser basicamente coñecida pola súa participación en películas de contido erótico, coma as da saga Emmanuelle, Kristel interpretou personaxes como Lady Chatterley, nunha adaptación da novela de 1981, O amante de Lady Chatterley, ou a espía Mata Hari.

 
Sylvia Kristel en París, co gallo do documental sobre a súa vida o 25 de setembro de 2007.

Últimos anosEditar

Logo de superar un cancro de gorxa no 2003 retomou a súa actividade interpretativa, e no 2006 publicou as súas memorias co título de Nue (Espida).

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar