Swan Records foi un selo discográfico estadounidense de mediados do século XX, fundada en 1957, en Filadelfia, Pensilvania. Tiña unha compañía subsidiaria chamada Lawn Records.

Swan Records
Fundado en1957
Estadodefunta
OrixeEstados Unidos
LocalizaciónFiladelfia, Pensilvania

Swan chamou a atención logo de que Brian Epstein lanzara a canción de The Beatles "She Loves You" e se convertera en número un nos Estados Unidos en xaneiro de 1964. Swan tamén obtivo os dereitos da versión en alemán de "She Loves You" ("Sie liebt Dich") que chegou ao número 97 en 1964.

O éxito do sinxelo "She Loves You" mantivo a Swan mentres outras pequenas compañías discográficas foron varridas a causa da invasión británica, mais finalmente pechou as súas portas en 1967.

Á parte de "She Loves You", o grande éxito máis lembrado de Swan foi "Palisades Park" en 1962, escrita por Chuck Barris, e entoada polo artista máis exitoso da compañía discográfica, Freddy Cannon. Swan lanzou o único grande éxito dos Rockin' Rebels, a instrumental "Wild Weekend" (que de feito foi escrita como un jingle de radio para un pincha discos de Buffalo).

Swan era unha asociación de Bernie Binnick e Tony Mammarella, co capital de Dick Clark. Cando chegaron os escándalos payola nos anos '60, Clark separouse de tódolos seus intereses externos para evitar un conflito de intereses. A compañía discográfica foi distribuída por Cameo-Parkway, que daquela era a mellor compañía discográfica para música de baile de adolescentes ("The Twist", "Limbo Rock", ("Do) The Bird", "Wah-Watusi", "Mashed Potato Time", "Gravy (For My Mashed Potatoes", "Hully Gully Baby", "Bristol Stomp", "(Do the) New Continental")

O primeiro grande éxito para a compañía discográfica foi "Click Clack", por Dickie Doo e os Don'ts, unha gravación de estudio producida por Gerry Granahan baixo o seudónimo que era de feito o alcume que Dick Clark lle daba ao seu fillo, Dick Clark, Jr.

Os Three Degrees tiveron un impacto moderado, cunha reedición de "Close your eyes", pero foilles mellor Roulette coa súa reedición de "Maybe" de Chantel e "When Will I See You Again" na compañía discográfica Philadelphia Internacional Records, de Kenny Gamble e Leon Huff.

A etiqueta pon a mensaxe "Non te saias" para alentar aos nenos a seguir na escola.

Artistas de Swan Records editar