Susanne Börner

numismática alemá


Susanne Börner, nada en Mannheim o 4 de setembro de 1980, é unha numismática e arqueóloga alemá, especializada na moeda da Antiguidade, fundamentalmente a imperial romana.

Infotaula de personaSusanne Börner
Biografía
Nacemento4 de setembro de 1980
Datos persoais
País de nacionalidade Alemá
Educación Universidade de Mannheim.
Universidade de Heidelberg.
Coñecido porEstudos de numismática antiga.
Actividade
Campo de traballoNumismática e arqueoloxía.
Ocupaciónhistoriadora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios
(2021): Premio da GIG.

Traxectoria editar

Susanne Bömer naceu en Mannheim o 4 de setembro de 1980. En 2000 comezou os seus estudos superiores de Historia Antiga, Arqueoloxía Clásica, e Historia Medieval e Moderna nas Universidades de Mannheim e de Heidelberg. En 2005 graduouse no seu mestrado cun traballo titulado "Interpretación grega dos soños e oráculos oníricos na antigüidade".[1]

En 2006 traballou no Museo Histórico do Palatinado, en Espira, e desde ese ano ata 2010 foi asistente científica da Academia de Ciencias e Humanidades de Heidelberg.[1]

En 2011 acadou o seu doutoramento na Universidade de Heidelberg cunha tese titulada "Marco Aurelio en Espira no espello das súas moedas e dos seus medallóns; análise comparativa das cuñaxes da cidade romana entre 138 e 180 d. C.", baixo a dirección dos profesores Stupperich e Hölscher, que foi publicada o ano seguinte.[2] Ese mesmo 2011 accedeu á cátedra de Numismática Antiga da Universidade de Oldemburgo.[1]

Desde 2015, Bömer participa e coordina diversos proxectos de estudo e investigación en institucións como o Centro de Numismática Antiga de Heidelberg, a Rede Numismática de Baden-Württemberg, a Fundación Fritz Thyssen, a Universidade de Oldemburgo, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural de Renania-Palatinado ou a Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña. En 2018 foi nomeada voceira adxunta da Rede KENOM (siglas de "indexación e uso cooperativo de datos de obxectos de coleccións de moedas" en alemán).[1]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

Esta é unha escolma das publicacións máis salientables de Susanne Börner.[4]

Monografías editar

  • (2012). Marc Aurel im Spiegel seiner Münzen und Medaillons. Eine vergleichende Analyse der stadtrömischen Prägungen zwischen 138 und 180 n. Chr., Dr. Rudolf Habelt GmbH, Bonn. ISBN 9783774937697
  • (2013). Geld regiert die Welt. Münzfunde aus Schwarzenacker. Homburg-Schwarzenacker Stiftung Römermuseum Homburg-Schwarzenacker, Homburg/Saar. ISBN 9783981582109

Artigos e colaboracións editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Dr. Susanne Börner". Universität Heidelberg.
  2. Véxase (2012) en "Publicacións".
  3. "GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.
  4. "Börner, Susanne". WorldCat Identities.