Susanna Fontanarossa

nai de Cristovo Colón

Susanna Fontanarossa, nada en 1435 e finada en 1489, foi a nai do descubridor das Américas Cristovo Colón. Non hai certeza do día e lugar exactos onde Susanna naceu, mesmo se estaba casada con Domingo Colón, pai de Cristovo. Lugares como Quezzi, Trebbia e Gorreto foron suxeridos como lugar de nacemento. Unha teoría indica que Susanna era orixinaria da vila de Fontanarossa, por este acto pódese sacar a conclusión de que falamos de Susanna de Fontanarossa e non de Susanna Fontanarossa, vila que se atoparía nas localidades italianas de Val Bisagno ou Val Trebbia.[1]

Susanna Fontanarossa
Nacemento1435
Lugar de nacementoVal Bisagno
Falecemento1489
CónxuxeDomenico Colombo
FillosBartolomeu Colombo, Cristovo Colón e Diego Colombos
Na rede
WikiTree: Fontanarossa-1
editar datos en Wikidata ]
Unha placa adicada a Susanna.

Probablemente contraeu matrimonio con Domingo Colón entre 1445 e 1463, e efectivamente, viviron durante anos na república de Xénova criando ós seus fillos alí. Tiveron catro fillos homes e a unha filla, quen casaria con Santiago Bavarello. Moitos suxiren que Susanna morreu en 1489; de ser así, non viviu para ver a Cristovo Colón pisar as Indias Occidentais en 1492.

Notas editar

  1. Beding, Silvio A. (8 de febreiro de 2016). Springer, ed. The Christopher Columbus Encyclopedia (en inglés). p. 283. ISBN 9781349125739.