Susan Faludi

feminista estadounidense

Susan C. Faludi, nada en Queens (Nova York) o 18 de abril de 1959, é unha xornalista e autora estadounidense, gañadora do Premio Pulitzer por reportaxe divulgativa en 1991, grazas ó seu informe sobre o grao de influencia de Safeway Stores, Inc. que, segundo o comité do Premio Pulitzer, mostraba os "custos humanos das altas finanzas".

Susan Faludi
Nacemento18 de abril de 1959
Lugar de nacementoQueens
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Harvard e Yorktown High School
Ocupaciónescritora, activista polos dereitos das mulleres, xornalista e feminista
CónxuxeRuss Rymer
PremiosBolsa de estudos Guggenheim
Na rede
http://susanfaludi.com/index.html
IMDB: nm2306412 Facebook: SusanFaludi Twitter: susanfaludi Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Faludi naceu no seo dunha familia xudía e creceu en Yorktown Heights, Nova York. A súa nai era un ama de casa e xornalista. O seu pai é un fotógrafo que emigrou de Hungría, tras sobrevivir o holocausto. Vive co autor Russ Rymer.

Traxectoria Editar

Graduouse pola Universidade Harvard en 1981, onde escribiu para The Harvard Crimson e converteuse en xornalista, escribiu para The New York Times, Miami Herald, The Atlanta Journal-Constitution, San Jose Mercury News e The Wall Street Journal, entre outras publicacións.

Nos anos 1980, publicou artigos sobre feminismo e a aparente resistencia ó movemento. Vendo xurdir un patrón, Faludi comezou a escribir Backlash: The Undeclared War Against American Women, publicado a fins de 1991.