Suriname nos Xogos Olímpicos

Suriname participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1960, e dende entón enviou deportistas para competir na maioría dos Xogos Olímpicos de Verán. O país non competiu nos Xogos de 1964, e tamén participou no boicot liderado polos Estados Unidos aos Xogos de 1980 en Moscova. Suriname nunca participou nos Xogos Olímpicos de Inverno. O país gañou dúas medallas olímpicas, as dúas conseguidas por Anthony Nesty en natación.

Suriname nos Xogos Olímpicos

Código COI SUR
Comité nacional Comité Olímpico de Suriname
surolympic.org (en inglés)
Medalleiro
Ouro
1
Prata
0
Bronce
1
Total
2

O Comité Olímpico Nacional de Suriname foi creado en 1959 e recoñecido polo Comité Olímpico Internacional ese mesmo ano.

Táboas coas medallas editar

Medallas nos Xogos de Verán editar

Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Roma 1960 - 0 0 0 0
  Toquio 1964 non participou
  Cidade de México 1968 - 0 0 0 0
  Múnic 1972 - 0 0 0 0
  Montreal 1976 - 0 0 0 0
  Moscova 1980 non participou
  Os Ánxeles 1984 - 0 0 0 0
  Seúl 1988 - 1 0 0 1
  Barcelona 1992 - 0 0 1 1
  Atlanta 1996 - 0 0 0 0
  Sydney 2000 - 0 0 0 0
  Atenas 2004 - 0 0 0 0
  Pequín 2008 - 0 0 0 0
  Londres 2012 - 0 0 0 0
  Río de Xaneiro 2016 - 0 0 0 0
  Toquio 2020 - 0 0 0 0
  París 2024 Evento futuro
  Os Ánxeles 2028
Total 1 0 1 2

Medallas por deporte editar

Xogos de Verán
Deporte Ouro Prata Bronce Total
  Natación 1 0 1 2
Total 1 0 1 2

Lista de medallistas editar

Medalla Nome Xogos Deporte Evento
  Ouro Anthony Nesty   Seúl 1988   Natación 100 metros bolboreta masculino
  Bronce Anthony Nesty   Barcelona 1992   Natación 100 metros bolboreta masculino

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar