Supervixens

filme de 1975 dirixido por Russ Meyer

Supervixens é unha película estadounidense de 1975, dirixida, escrita e producida por Russ Meyer.

Supervixens
Ficha técnica
Título orixinalSupervixens
DirectorRuss Meyer
ProdutorRuss Meyer
GuiónRuss Meyer
IntérpretesCharles Pitt, Charles Napier, Uschi Digard, Shari Eubank, Christy Hartburg, Haji, Sharon Kelly
MúsicaJohann Strauss, Alexander Borodin
MontaxeRuss Meyer
DistribuidoraRM Films International
Estrea1 de xaneiro de 1975
Duración106 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento90 000 dólares
Na rede
IMDB: tt0073768 Filmaffinity: 914098 Allocine: 1928 Rottentomatoes: m/supervixens_1975 Allmovie: v47911 TCM: 91984 Editar o valor em Wikidata

É unha historia dun triángulo amoroso convertido nun cuadrángulo. Nela aparecen os actores usuais de Meyer, como Charles Napier, Uschi Digard e Haji. Ademais, aparece Shari Eubank (que só filmou outra película co director), e Christy Hartburg, na súa única aparición con Meyer.

Sinopse editar

 
O director da película Russ Meyer.

Clint Ramsey, empregado dunha gosolineira nunha vila do deserto, é irresistible para as mulleres, levando todas elas o prefixo "Super" nos seus nomes. Convive con SuperAngel (Shari Eubank), unha ninfómana que o chama decotío ó traballo. Amenázao con queimarlle a casa se non aparece alí inmediatamente, e el vai, enfadado. Rexeita as súas propostas sexuais, e discuten. Un veciño avisa á policía, crendo que el a maltrataba, e un axente os separa.

Clint vai a relaxarse a un club de alterne, onde o atende SuperHaji (Haji). Ela ofrécella a chave da súa habitación para que a espere alí, pero el, novamente, rexeita a súa proposta. Namentres, SuperAngel leva á cama ó axente da policía que a atendera, Harry Sledge, atractivo pero impotente. Despechado polos insultos de SuperAngel mofándose del, acaba asasinándoa e prendendo lume á casa. Ao saber o xefe de Clint do asunto, e pensando que fora o seu empregado quen a matara, vai falar con el, pero este dille que non sabe nada, e deciden que debe escapar.

Fai dedo para dirixirse ó oeste. Recólleno unha parella nova, e ela, SuperCherry (Sharon Kelly), faille propostas sexuais. Clint rexéitaas, e solicita baixar. O mozo, enfadado porque rexeitou á súa moza, dálle unha malleira. Tras roubarlle os cartos que lle deixara o xefe, déixano tirado na beiravía.

Clint é salvado por un vello granxeiro, que vive coa súa muller, unha moza ninfómana austríaca que muxe as vacas, SuperSoul (Uschi Digard). Logo de deixar extenuado ó seu marido, peta na porta de Clint á noite. Espida, ponse sobre el na cama, coa intención de violalo. Desiste, pero outro día conségueo na palleira, onde os descobre o marido. Clint ten que escapar correndo, e chega a un motel.

O motel é propiedade dun vello viúvo e caucásico cunha filla negra e sordomuda, SuperEula (Deborah McGuire). Super Eula convénceo para iren dar unha volta polo deserto, pois o seu pai marchara á cidade, pero este, sospeitándoo, regresa co sheriff e se inicia unha persecución polo deserto. Clint logra escapar de novo, e chega a unha gasoliñeira.

Alí traballa SuperVixen. Ela e Clint convértense en parella, traballando felices na gasoliñeira. Pero chega o policía que matara a SuperAngel, que o recoñece, e decide matalos ós dous.

Comentarios editar

A película está chea de homenaxes.

A batalla final é unha recreación das pelexas do Correcamiños co Coiote na serie de debuxos animados.

Meyer incluíu moitas bromas habituais entre os veteranos da segunda guerra mundial, con referencias á Alemaña nazi.