Supermarine Nighthawk

O Supermarine P.B.31E Nighthawk foi un avión británico da primeira guerra mundial deseñado pola Pemberton-Billing antes de converterse en Supermarine Aviation Works Ltd. Tratábase dun caza nocturno anticepelíns operado por unha tripulación de tres a cinco homes cunha autonomía planeada de entre 9 e 18 horas. O prototipo voou en febreiro de 1917 con Clifford Prodger aos controis.[1] Probou que non cumpría coa especificación prometida e non se construíron máis.

Supermarine Nighthawk
Tipocaza anticepelíns, caza nocturno
FabricanteSupermarine
Primeiro voo1917
Unidades construídas1

Deseño e desenvolvemento editar

O Nighthawk tiña ás de cuadriplano de seis vans e unha cola biplana con dúas derivas e dous temóns. A fuselaxe enchía o espazo entre a segunda e terceira ás; a cabina, que tamén tiña unha torreta á altura da á superior, estaba pechada e tiña calefacción.

Xunto coa longa autonomía prevista, suxeríuse que debería ser capaz de patrullar a baixas velocidades e agardar aos cepelíns.[2] De armamento tiña un reflector montado no morro, un canón Davis de 37 mm sobre a á superior con 20 cartuchos, e dúas metralladoras Lewis de 7,7 mm. A potencia para o reflector era proporcionada por un grupo electróxeno independente accionado por motor de gasolina fabricado por ABC Motors, posiblemente a primeira instancia dunha unidade de potencia auxiliar aerotransportada recoñecible.[3]

Historial operacional editar

Aínda que se promocionou como capaz de alcanzar 121 km/h, o prototipo P.B.31E só logrou voar a 97 km/h a 2 000 m, tardando unha hora en subir ata os 3 000 m, algo totalmente inaxeitado para cazar cepelíns.[4] Os dirixibles alemáns, como os cepelíns militares de clase P ou R era xa capaces de voar a 97 km/h.[5]

Ademais, dada a reputación do motor Anzani por falta de fiabilidade e sobrequecemento, é improbable que a aeronave ofrecese o rendemento anunciado.

Reliquias conservadas editar

 
Hélice do Nighthawk no museo Solent Sky

Unha das dúas hélices do Nighthawk está conservada en Solent Sky, un museo de aviación situado en Southampton, Inglaterra.

Especificacións editar

Datos de The British Fighter since 1912[1]

Características xerais editar

  • Tripulación: 4 (2 pilotos e 2 artilleiros)
  • Lonxitude: 11,28 m
  • Envergadura: 18,29 m
  • Altura: 5,398 m
  • Superficie alar: 89,4 m2
  • Peso baleiro: 1 668 kg
  • Peso bruto: 2 788 kg
  • Planta motriz: 2 motores de pistón refrixerados por aire Anzani de 10 cilindros, con 100 hp (75 kW) cada un
  • Propellers: hélices de paso fixo de 4 pas

Rendemento editar

  • Velocidade máxima: 121 km/h
  • Autonomía: 9 horas normal e 18 horas máximo
  • Tempo a altitude: 3 048 m en 60 minutos

Armamento editar

  • Armas: un canón Davis de 37 mm e unha metralladora Lewis sobre a á superior, e unha Lewis no morro

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mason 1992, p. 60
  2. "Sires of the Switft", Flight: 462, 1953
  3. Andrews e Morgan 1987, p. 21
  4. Bruce 1969, p. 69
  5. Guttman, Jon S.; Laurier, Jim (2018). Zeppelin vs British Home Defence: 1915-18. Duel. Oxford, UK: Osprey, Bloomsbury Publishing Plc. ISBN 978-1-4728-2033-4. 

Bibliografía editar

  • Andrews, C.F. and E.B. Morgan. Supermarine Aircraft since 1914. London: Putnam, 1987. ISBN 0-85177-800-3.
  • Bruce, J.M. Warplanes of the First World War, Volume Three: Fighters. London: Macdonald, 1969. ISBN 0-356-01490-8.
  • Mason, Francis K. The British Fighter since 1912. Annapolis, Maryland: Naval Institute Press, 1992. ISBN 1-55750-082-7.