Abrir o menú principal

Superdetective en Hollywood II

Filme de 1987 dirixido por Tony Scott

Superdetective en Hollywood II (en inglés: Beverly Hills Cop II) é un filme estadounidense dirixido por Tony Scott que foi estreado en 1987. É a secuela do filme de 1984 Beverly Hills Cop. Estreouse en galego na TVG o 11 de outubro de 1991.[3]

Superdetective en Hollywood II
Ficha técnica
Título orixinalBeverly Hills Cop II
DirectorTony Scott
ProdutorDon Simpson
Jerry Bruckheimer
GuiónLarry Ferguson
Warren Skaaren
Baseado enPersonaxes de Danilo Bach e Daniel Petrie, Jr.
IntérpretesEddie Murphy
MúsicaHarold Faltermeyer
FotografíaJeffrey L. Kimball
MontaxeChris Lebenzon
Billy Weber
Michael Tronick
EstudioDon Simpson/Jerry Bruckheimer Films
Eddie Murphy Productions
DistribuidoraParamount Pictures
EstreaFlag of the United States.svg 20 de maio de 1987
Galicia 11 de outubro de 1991 (TVG)
Duración100 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción
Orzamento$20 000 000[1]
Recadación$299 965 036[2]
Filme anteriorBeverly Hills Cop
Filme seguinteBeverly Hills Cop III

Índice

ArgumentoEditar

O detective de Detroit Axel Foley descobre pola televisión que o seu amigo Andrew Bogomil, capitán da policía de Beverly Hills, foi tiroteado por unha muller. Cando o vai visitar ó hospital, coñece a súa filla Jan. Coa axuda de dous axentes amigos seus intenta localizar a culpable, a pesar de que o xefe de policía Harold Lutz intenta atopar algunha razón para despedir os dous axentes. Axel e os seus amigos descobren que os "atracos do alfabeto", que tiveron lugar na zona, son obra do traficante de armas Maxwell Dent, que enviou a súa prometida Karla Fry a matar a Bogomil porque este lle estaba a seguir as súas pegadas.

PersonaxesEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

NotasEditar

  1. "Beverly Hills Cop II Production Budget". The-Numbers. 
  2. "Beverly Hills Cop II". Box Office Mojo. Consultado o 23 de xaneiro de 2014. 
  3. "Superdetective en Hollywood II na TVG". ABC. 11 de outubro de 1991. Consultado o 20 de marzo de 2015. 

Véxase taménEditar