Sultanes de Monterrey

Os Sultanes de Monterrey son un equipo profesional de béisbol mexicano que compite na Liga Mexicana de Béisbol (LMB). Desde a temporada 2019−20, o equipo participa tamén na Liga Mexicana del Pacífico (LMP), a cal se celebra após a conclusión da LMB. Os Sultanes son o único equipo do país que participa nas dúas competicións á vez. O club foi fundado en 1939 co nome de Carta Blanca, e ten desde aquela a súa sede en Monterrey. Os Sultanes posúen no seu palmarés dez títulos de liga, sendo o terceiro equipo con máis títulos desta competición despois dos Diablos Rojos del México e dos Tigres de Quintana Roo. Desde 1990 o seu estadio como local é o Estadio de Béisbol Monterrey, parque con capacidade para 21.906 espectadores.[1]

Sultanes de Monterrey
Fundado en 1940
Liga
Liga Liga Mexicana de Béisbol
Liga Mexicana del Pacífico
DivisiónZona Norte
Imaxe do equipo
Retirados1, 5, 7, 9, 13, 17, 20, 21, 22, 34
Cores              
Datos do equipo
CidadeMonterrey
AnteriorCarta Blanca (1939–1941)
Industriales (1942–1947)
AlcumesSultanes, Fantasmas Grises
EstadioEstadio do Monterrey (21.906 esp.)
MascotaPerro Sultán
DonoJosé Maiz García e Grupo Multimedios
AdestradorHomar Rojas
Títulos
Liga (10)1943, 1947, 1948, 1949, 1962, 1991, 1995, 1996, 2007, 2018
Zona (11)1986, 1991, 1994, 1995, 1996, 2006, 2007, 2008, 2013, 2018 (O), 2018 (P)

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar