Subrexión de Joutsa

subrexión de Finlandia

A subrexión de Joutsa (en finés Joutsan seutukunta), coñecida ata 2004 como subrexión de Sueste Finlandia-Central, é unha das seis subrexión da rexión de Finlandia Central. En 2017 tiña unha poboación de 5 387 habitantes.

Localización da subrexión de Joutsa.

Municipios editar

Escudo Municipio
  Joutsa (municipio)
  Luhanka (municipio)

Historia editar

  • 1 de xaneiro de 2004: o nome da subrexión mudou de subrexión do Sueste Finlandia-Central a subrexión de Joutsa. Hankasalmi e Toivakka trasladáronse á subrexión de Jyväskylä.
  • 1 de xaneiro de 2008: Leivonmäki uniuse a Joutsa.

Poboación editar

A seguinte táboa amosa a tendencia demográfica da subrexión cada cinco anos dende 1980.

Evolución da poboación da subrexión de Joutsa (1980–2010)
Ano Poboación
1980
  
7 580
1985
  
7 296
1990
  
7 085
1995
  
6 913
2000
  
6 386
2005
  
6 094
2010
  
5 884

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar