Stuart Milner-Barry
Sir (Philip) Stuart Milner-Barry, nado en Hendon, Londres o 20 de setembro de 1906 e finado en Lewisham, Londres o 25 de marzo de 1995,[1] foi un xogador de xadrez e funcionario público inglés, que tamén foi criptoanalista durante a segunda guerra mundial.[2] Traballou en Bletchley Park e foi director do «Hut 6», unha sección responsable de desencriptar mensaxes que foran cifrados coa máquina Enigma alemá.[2] Foi un dos catro principais descodificadores de Bletchley que asinaron unha influente carta mediante a cal fixeron unha petición directa de máis recursos ó daquela Primeiro Ministro Británico Winston Churchill. Despois da guerra va traballou no Tesouro da Súa Maxestade e posteriormente como administrador do Sistema de Honras Británico. No xadrez, representou a Inglaterra en torneos internacionais e deulle nome a diversas variantes de apertura.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de setembro de 1906 Londres, Reino Unido |
Morte | 25 de marzo de 1995 (88 anos) Londres, Reino Unido |
Educación | Trinity College Cheltenham College (en) |
Actividade | |
Ocupación | Corredor de bolsa, matemático, xadrecista |
Nacionalidade deportiva | Inglaterra |
Deporte | xadrez |
Participou en | |
1956 | Olimpíada de xadrez de 1956 (pt) |
1952 | Olimpíada de xadrez de 1952 (pt) |
1939 | Olimpíada de xadrez de 1939 (pt) |
1937 | Olimpíada de xadrez de 1937 (pt) |
Familia | |
Pais | Edward Leopold Milner Milner-Barry e Edith Mary Besant |
Irmáns | Alda Mary Milner-Barry John O'Brien Milner-Barry |
Premios | |
Notas
editar- ↑ findagrave.com, ed. (20 de xuño de 2012). "Nota biogràfica de Stuart Milner-Barry, i referència a la seva tomba" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Chessgames.com (ed.). "Nota biogràfica de Stuart Milner-Barry" (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2013.