Ianique dos Santos Tavares, coñecido como Stopira, nado en Praia o 20 de maio de 1988, é un futbolista caboverdiano. Xoga de defensa e o seu equipo actual é o Videoton FC de Hungría.

Stopira
Stopira en xaneiro de 2007.
Información persoal
Nome Ianique dos Santos Tavares
Nacemento 20 de maio de 1988 (35 anos)
Lugar de nacemento Praia
Altura 1,80 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Videoton
Número 22
Carreira xuvenil
2001–2004 Monção
2004–2009 Vitória de Guimarães
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2008 Sporting Praia
2008–2010 Santa Clara 32 (0)
2010–2011 Deportivo B 23 (0)
2011–2012 Feirense 15 (0)
2012– Videoton 108 (9)
Selección nacional
2008– Cabo Verde 23 (0)
Na rede
FIFA: 297266 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 12 de agosto de 2017
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Na tempada 2008-09 firmou por dous anos co CD Santa Clara, equipo co que xogaría 6 partidos a primeira tempada. Ao ano seguinte logra a regularidade, xogando 26 encontros. O 9 de xullo de 2010 o Deportivo da Coruña anunciaba a súa contratación por 4 tempadas, que alternará entre o primeiro e o segundo equipo.[1]

Selección nacional editar

Stopira é un xogador titular da selección de Cabo Verde, coa que xogou algúns partidos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar