Stephanie Williams

diplomática estadounidense

Stephanie Turco Williams é unha diplomática estadounidense.[1] Desempeñou as súas funcións diplomáticas nas Embaixadas dos Estados Unidos en Bahrein, Xordania, Iraq e Libia.

Infotaula de personaStephanie Williams

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Maryland
Center for Contemporary Arab Studies (en) Traducir
National War College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática Editar o valor em Wikidata
EmpregadorONU Editar o valor em Wikidata

LinkedIn: stephanie-turco-williams-266a6a30 Editar o valor em Wikidata

A partir de xullo de 2018, exerceu o cargo de Xefa Adxunta da UNSMIL, a Misión de Nacións Unidas en Libia. Posto que o cargo de Xefe da Misión e Representante Especial do Secretario Xeral da ONU quedou vacante desde o 3 de marzo de 2020 trala dimisión de Ghassan Salamé, Williams exerceu na práctica como a máxima coordinadora da Misión da ONU para Libia durante os meses seguintes.[2]

Williams é responsable de coordinar un alto o fogo e o chamado Foro para a Paz Libia, un dos avances máis significativos no conflito tras anos de guerra.[3] Grazas ás negociacións coordinadas por Williams, en febreiro de 2021, este Foro para a Paz puido alcanzar o consenso para seleccionar un novo Consello Presidencial de tres membros e un novo Primeiro Ministro, que en marzo de 2021 estaban pendentes de obter a ratificación da Cámara de Representantes de Libia.

En xaneiro de 2021, o Secretario Xeral de Nacións Unidas designou como o seu novo Representante Especial para Libia ao diplomático e exministro eslovaco Ián Kubis, que tomou posesión do seu cargo e desprazouse a Libia en febreiro do mesmo ano.

Notas editar

  1. Najjair, Houssam (2018-06-28). "Top US diplomat in Libya calls for withdrawal of armed groups from oil crescent". The Libya Observer. Arquivado dende o orixinal o 2020-01-17. Consultado o 2020-01-17. 
  2. "Ghassan Salamé, le médiateur de l’ONU pour la Libye, démissionne". Le Monde.fr (en francés). 2 de marzo de 2020. Consultado o 3 de marzo de 2020. 
  3. "UNSMIL Statement on the resumption of intra-Libyan political and military talks". 2020-10-10. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2020. Consultado o 2020-10-18.