O stavraton ou stauraton (en grego: σταυράτον; plural: σταυράτα, stavrata) foi unha moeda bizantina de prata con valor de medio hyperpyron, utilizada ao final do Imperio bizantino, durante os séculos XIV e XV.[1][2][3][4]

Medio starvaton a nome de Xoán VII Palaeólogo (1399-1403), cuñado en Constantinopla. No anverso: busto de Cristo Pantocrátor, con auréola en cruz, sostendo os evanxeos e erguendo a man dereita. No reverso: + IWANIC BACILEVC O PALAOLOGO; busto do emperador con barba bifurcada, coroado con pendilia.

Historia

editar

A denominación de starvaton aparcera por primeira vez xa a mediados do século XI, para se referir a un nomisma que amosaba o emperador sostendo un cetro en forma de cruz. No entanto, a denominación de starvaton refírese especificamente á grande moeda de prata introducida polo emperador Xoán V Paleólogo (1341-1376 e 1379-1391) arredor de 1367, e substitución do basilikon, e que circulou durante o derradeiro século do Imperio Bizantino. O seu nome deriva, presumiblemente, das cruces (en grego: σταυρός, stavros) que caracterizaban algunhas destas moedas ou que se intercalaban, noutras ocasións, entre as súas lendas.[5][6][7]

A moeda concibiuse para substituír o amortecido hyperpyron de ouro como a moeda de valor máis alto en circulación, aínda que coa metade do seu valor. Ese foi o motivo polo que se dotou dun peso descoñecido na tradición monetaria bizantina anterior, 8,5 gramos, aínda que de camiño baixou a 7,4 gramos.[8][9][10]

A serie do stavraton completábase con moedas fraccionarias de 1⁄2 e 1⁄8, ambas de prata. O medio stavraton pesaba inicialmente 4,4 gramos e diminuíu gradualmente ata os 3,7 gramos, en tanto que as pezas dun oitavo, coñecidas como doukatopoulon (en grego: δουκατόπουλον, "pequeno ducado") ou aspron (en grego: ἄσπρον), tiñan un peso de arredor de 1,1 gramos. Aínda que non se cuñou o valor dun cuarto de starvaton, usábanse no seu lugar as moedas venecianas dun ducado de prata (en grego: δουκάτον, doukaton).[11][12][13][14]

Caracterización

editar
 
Stavratondo emperador Manuel II Paleólogo (1391-1425).

Todas estas moedas amosan o busto de Cristo no anverso e o busto do emperador no reverso. As súas lendas foron bastante regulares co tempo; as do anverso caracterizábanse por teren dúas liñas en círculos concéntricos: "+[nome do emperador] ΔΕCΠΟΤΙC Ο ΠΑΛΕΟΛΟΓΟC / Θ[ΕΟ]V ΧΑΡΙΤΙ ΒΑCΙΛΕVC ΡWΜΑΙWN ("Señor [nome do emperador] Paleólogo / pola graza de Deus, emperador dos romanos"). Durante o reinado de Xoán V, a orde das liñas exterior e interior era a inversa, e baixo Manuel II, a na interior utilizouse o termo autokrator ("autobobernante"), na secuencia Θ[ΕΟ]V ΧΑΡΙΤΙ AVTOKΡΑΤOΡ.[15]

Ata 1990, cando se achou un tesouro composto por noventa destas moedas (e coa excepción de dous exemplares de medio starvaton), non se coñecía ningunha moeda de prata do derradeiro emperador bizantino, Constantino XI (1449-1453).[16][17]

  1. Cutler, Anthony. "The stavraton: evidence for an elusive byzantine type". En Museum Notes (American Numismatic Society). Vol. 11 (1964), pp. 237-244.
  2. Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Stauraton".
  3. "Starvaton". En Forvm Ancient Coins.
  4. "Stavraton". En Tipos de monedas bizantinas. Tesorillo.com
  5. Kazhdan (1991). Páxina 1.946.
  6. Hendy (1985). Páxinas 542-545.
  7. Grieison (1999). Páxina 16.
  8. Hendy (1985). Páxina 540.
  9. Kazhdan (1991). Páxinas 965, 1.946.
  10. "La monnaie au XIVe et au XVe siècle: hyperpère, basilikon et stavraton". En Morrisson, C. et al. (2015).
  11. Grierson (1999). Páxinas 16-17, 45.
  12. Kazhdan (1991). Páxina 658.
  13. Hendy (1985). Páxinas 540-541.
  14. "The Era of the stavraton (1367-1453)". En Angeliki, E. Laiou (ed). The Economic History of Bizantium. Vol. 3. Dumbarton Oaks. Washington, 202. Páxina 927. ISBN 978-0-88402-332-6
  15. Hendy (1985). Páxinas 542-543.
  16. Hendy (1985). Páxinas 545-546.
  17. Grierson (1999). Páxina 17.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar