Stana Katić
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Stana Katić, nada en Hamilton (Ontario) o 26 de abril de 1978, é unha actriz canadense, coñecida por interpretar a detective Kate Beckett na serie de televisión Castle. No 2015 gañou o premio People's Choice Awards á mellor actriz de drama.
![]() (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1978 ![]() Hamilton, Canadá ![]() |
Residencia | Os Ánxeles ![]() |
Educación | Universidade de Toronto West Aurora High School (en) ![]() Universidade DePaul Universidade de Trinity College (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, actriz de televisión, directora de cinema ![]() |
Período de actividade | 1999 ![]() |
Sitio web | stanakatic.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFilla de pai serbio e nai croata que emigraron da antiga Iugoslavia ao Canadá. Posteriormente, a súa familia trasladouse a Aurora, Illinois. Pasou os seus primeiros anos movéndose entre Canadá e os Estados Unidos. Tras graduarse no West Aurora High School en 1996, estudou actuación na Goodman School of Drama. Ten catro irmáns e unha irmá, sendo ela a maior.
Ademais de inglés, fala croata, bosníaco, esloveno, francés, castelán e italiano.
Carreira
editarStana interpretou o personaxe de Hana Gitelman en Heroes, o de Collete Stenger en 24 (temporada 5) e o de Jenny en Feast of Love, película protagonizada por Morgan Freeman. Tamén interpretou a Morgenstern na película de Frank Miller, The Spirit; Corrine Veneau na película de James Bond Quantum of Solace (aínda que orixinalmente fora seleccionada para o papel de Strawberry Fields na película); e Simone Renoir en The Librarian: Curse of the Judas Chalice, a terceira entrega da saga televisiva The Librarian.
En agosto de 2008, a ABC anunciou a estrea da serie de televisión Castle, con Stana como Kate Beckett e Nathan Fillion como Richard Castle. Katić interpreta a detective Katherine Beckett, quen se ve obrigada a aceptar que o escritor a "siga" e observe o seu traballo. Pronto se converte na súa musa e na inspiración para unha nova serie de libros. A trama enfócase na resolución de diversos crimes e no progreso da relación entre os protagonistas.
No verán de 2010 empezou a filmar For Lovers Only cos irmáns Polish en Francia, e The Double[1] con Richard Gere.
Foi membro do xurado entre o 29 de maio e o 5 de xuño de 2011, no Festival de Cine de Zlín, onde For Lovers Only fixo a súa estrea mundial. Traballou noutra película, Big Sur, na que interpreta a Lenore Kandel. Na Comic-Con de 2011 en San Diego, houbo un anuncio oficial na revista Entertainment Weekly, de que se convertería na voz de Talia al Ghul en Batman: Arkham City. Tamén fixo unha película chamada CBGB que conta a historia dun local de Nova York da década de 1970 chamado CBGB.
No ano 2014 gañou o seu primeiro premio do People´s Choice Awards pola súa actuación en Castle, onde interpreta a Kate Beckett, sendo a primeira vez que estaba nomeada como actriz, e gañando o premio de mellor actriz dunha serie dramática e, por terceira vez, a de mellor serie, Castle. Ademais, no 2015 comezou o ano gañando o premio de actriz, de serie e conseguindo á súa vez o seu compañeiro Nathan Fillion o premio ao mellor actor.
Filmografía
editarCine
editarTelevisión
editarAno | Título | Personaxe | Episodio/s |
---|---|---|---|
2003 | The Shield | Ayla | All In e On Tilt |
2004 | Alias | Asistente de vuelo | Facade |
Dragnet | Miriam Nelson | Retribution | |
The Handler | Mariella | Bleak House | |
JAG | Lucienne Charmoli | This Just in from Baghdad | |
2005 | The Closer | Nadia | The Big Picture |
ER | Blaire Collins | Blame It on the Rain & Wake Up | |
2006 | Dragon Dynasty | Ava | Telefilme |
24 | Collette Stenger | Día 5: 7:00 – 10.00 p.m. | |
Brothers & Sisters | Karen Wells | Patriarchy | |
2007 | Faceless | Diana Palos | Telefilme |
Company Man | Sara Baker | Telefilme | |
Heroes | Hana Gitelman | Unexpected e Five Years Gone | |
CSI: Miami | Rita Sullivan | Deep Freeze | |
The Unit | Agente especial Debra Lane | Binary Explosion | |
2008 | Would Be Kings | Julianna Martinelli | Miniserie |
The Librarian: Curse of the Judas Chalice | Simone Remoir | Telefilme | |
2009-2016 | Castle | Inspectora Kate Beckett | Protagonista |
2012 | Fletcher Drive | Greta | Episodio: "The Intervention" |
2016 | Sister Cities | Carolina Baxter Shaw | Telefilme |
2017-2020 | Absentia | Axente Emily Byrne | Protagonista |
2024 | Murder in a Small Town | Zoe Strachan | Un episodio |
Videoxogos
editarAno | Título | Rol | Notas |
---|---|---|---|
2011 | Batman: Arkham City | Talia al Ghul | Actriz de voz |
Premios
editarAno | Categoría | Premio | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Mellor actriz en series de drama por Castle | Premios Satellite | Nomeada |
2011 | Parella favorita xunto a Nathan Fillion por Castle | TV Guide Award | Ganadora |
2012 | Parella favorita xunto a Nathan Fillion por Castle | TV Guide Award | Gañadora |
Rendemento nun episodio de drama, por Castle | Prism Award | Gañadora | |
2013 | Parella favorita xunto a Nathan Fillion por Castle | TV Guide Award | Gañadora |
Actriz favorita de drama de TV | People's Choice Awards | Nomeada | |
2014 | Actriz favorita de drama de TV | People's Choice Awards | Gañadora |
Química favorita en pantalla xunto a Nathan Fillion por Castle | People's Choice Awards | Candidata | |
2015 | Actriz Favorita de Drama de Crime | People's Choice Awards | Gañadora |
Dúo Favorito en Pantalla xunto a Nathan Fillion por Castle | People's Choice Awards | Nomeada | |
2016 | Actriz Favorita de Drama de Crime | People's Choice Awards | Gañadora |
Notas
editar- ↑ "Stana Katic vuelve al cine con "La sombra de la traición"". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2015. Consultado o 09 de marzo de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stana Katić |
Ligazóns externas
editar- Stana Katic Arquivado 26 de marzo de 2015 en Wayback Machine. en TV.com (en inglés).