Stadium Events

Stadium Events, coñecido no Xapón como Running Stadium, é un videoxogo de deportes desenvolvido por Human Entertainment e publicado por Bandai para Nintendo Entertainment System. Este xogo e Athletic World son os dous xogos da serie Family Fun Fitness, deseñados para o accesorio de esteira Family Fun Fitness de NES. Stadium Events permite ó xogador competir en catro Olimpiadas diferentes, empregando a esteira para moverse e competir en carreira e salto.

Stadium Events
Desenvolvedor(es)Human Entertainment
Distribuidora(s)Bandai
LanzamentoXapón: 23 de decembro de 1986
América do Norte: setembro de 1987
Europa: 1988
XéneroDeportes
Modos de xogoUn xogador e multixogador
Plataforma(s)NES
editar datos en Wikidata ]

As copias orixinais de Stadium Events de América do Norte están consideradas moi raras e valiosas para os coleccionistas de xogos para NES, sendo as que maior prezo acadan no mercado.[1]

NotasEditar

  1. Diver, Mike (19 de agosto 2016). Vice, ed. "Meet the Guy Who Tried to Collect All 687 Official NES Games in 30 Days". Consultado o 27 de outubro de 2015. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar