Srinivasa Ramanujan

matemático indio
(Redirección desde «Srinivāsa Aiyangār Rāmānujan»)

Srinivāsa Aiyangār Rāmānujan (en támil : ஸ்ரீனிவாஸ ஐயங்கார் ராமானுஜன்; tamén coñecido coa grafía inglesa Srinivasa Ramanujan Iyengar o simplemente como Ramanujan), nado en Erode o 22 de decembro de 1887 e finado en Kumbakonam o 26 de abril de 1920 foi un matemático autodidacta indio.

Srinivasa Ramanujan
Nacemento22 de decembro de 1887
Lugar de nacementoErode
Falecemento26 de abril de 1920
Lugar de falecementoKumbakonam
Causatuberculose
NacionalidadeRaj Británico
RelixiónHinduísmo
Alma máterTrinity College, Town Higher Secondary School, Government Arts College, Kumbakonam, Pachaiyappa's College e Universidade de Cambridge
Ocupaciónmatemático
CónxuxeJanakiammal
Coñecido porconstante de Landau–Ramanujan, função teta de Ramanujan, Rogers–Ramanujan identities, constant de Ramanujan–Soldner, número de Hardy-Ramanujan, soma de Ramanujan, Ramanujan–Nagell equation, primo de Ramanujan, conjectura de Ramanujan–Petersson, somatório de Ramanujan, Hardy–Ramanujan theorem, grafo de Ramanujan, Rogers–Ramanujan continued fraction, Séries de Ramanujan–Sato, Função tau de Ramanujan, congruências de Ramanujan, forma quadrática ternária de Ramanujan, sen etiquetar, Ramanujan's master theorem, identidade de Ramanujan, sen etiquetar, constante de Ramanujan e função fi de Ramanujan
Premiosmembro da Royal Society e Fellow of Trinity College
Na rede
WikiTree: Ramanujan-1 Find a Grave: 21850 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Cunha mínima educación académica en matemáticas puras fixo contribucións extraordinarias á análise matemática, á teoría dos números, ás series e ás fraccións continuas. Ramanujan desenvolveu inicialmente a súa propia investigación matemática en forma illada que foi rapidamente recoñecida polos matemáticos indios. Cando as súas habilidades se fixeron evidentes para unha comunidade matemática máis ampla, centrada nese momento en Europa, comezou a súa célebre colaboración co matemático británico G. H. Hardy. Redescubriu teoremas coñecidos previamente, ademais de producir moitos outros novos.

Durante a súa curta vida, Ramanujan foi capaz de recompilar independentemente case 3900 resultados (na súa maioría identidades e ecuacións).[1] Case todas as súas achegas demostráronse correctas, aínda que algunhas xa eran coñecidas previamente.[2] Logrou resultados que eran á vez orixinais e moi pouco convencionais, como os números primos de Ramanujan e a función theta de Ramanujan, que á súa vez inspiraron unha gran cantidade de investigacións.[3]

Notas editar

  1. Berndt, Bruce C. (2005). Ramanujan's Notebooks Part V. SpringerLink. p. 4. ISBN 0-387-94941-0. 
  2. "Rediscovering Ramanujan". Frontline 16 (17): 650. Agosto de 1999. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2013. Consultado o 20 de decembro de 2012. 
  3. Ono, Ken (Xuño–Xullo 2006). "Honoring a Gift from Kumbakonam" (PDF). Notices of the American Mathematical Society (Mathematical Association of America) 53 (6): 650. Consultado o 23 de xuño de 2007. 

Véxase tamén editar