Spiashchaia krasavitsa

(Redirección desde «Spyashchaya krasavitsa»)

A Bela Dormente, Op 66 (en ruso: Спящая красавица, "Spiashchaia krasavitsa") é un ballet en 3 actos mais un prólogo con música de Petr Ilich Chaikovskii.

Спящая красавица
Spiashchaia krasavitsa (en ruso)
A Bela Dormente
FormaBallet
LibretistaMarius Petipa e Ivan Vsevolozhsky
Baseado enA Bela Dormente, de Charles Perrault
Estrea15 de xaneiro de 1889
Teatro da estreaTeatro Mariinskii
Lugar da estreaSan Petersburgo
CompañíaBallet Mariinskii
DeseñadorIvan Vsevolozhskii
Música
CompositorPetr Ilich Chaikovskii
CoreógrafoMarius Petipa

Argumento editar

A historia desenvólvese en Europa durante o Barroco.

Prólogo

O rei Florestán XXIV e maila raíña convidaron as fadas ao bateo da súa filla, a princesa Aurora. A celebración é interrompida pola chegada de Carabosse, a Fada Malvada. Furiosa por non ser convidada, profire un meigallo contra ela: en cumprindo dezaseis ano picará o dedo co fuso dunha roca e morrerá. A Fada das Lilas, que aínda non entregara o seu don, promete que Aurora non morrerá, senón que se sumirá nun sono profundo, do que espertará polo beixo dun príncipe.

Acto primeiro

É o décimo sexto aniversario da princesa Aurora e catro príncipes chegados de terras alongadas a pretenden. Descóbrese a tres mulleres con agullas de tecer, cando todas as agullas e alfinetes foran prohibidos, polo que o rei Florestán condénaas á morte. A raíña implora piedade, xa que é o aniversario da princesa, e o rei transixe. Unha vella entrega a Aurora un fuso, co que pica o dedo e perde o acordo. Tirado o disfrace, a vella revélase como Carabosse e despois de lembrar a todos o seu feitizo, retírase. A Fada das Lilas lanza un esconxuro que some no sono a todo o mundo e provoca que medre un bosque mesto ao redor do palacio.

Acto segundo

Andados cen anos, o príncipe Florimund está a cazar no bosque con membros da súa corte. O grupo albisca un cervo e vaille atrás, deixando o príncipe taciturno e a cismar cun amor ideal. Aparece a Fada das Lilas e amósalle a imaxe da princesa nunha visión. Florimund implora que o leve onda ela. Fóra das portas do palacio atópanse con Carabosse, mais a Fada das Lilas escorréntaa. Ao final, o príncipe Florimund esperta a princesa Aurora cun bico: rompe o feitizo, Carabosse é derrotada e todos acordan de volta á vida.

Acto terceiro

No salón do palacio celébrase a voda da princesa Aurora co príncipe Florimund, á que acoden diversos personaxes que bailan para eles: o Gato con Botas coa Gata Branca, a princesa Florine co Paxaro Azul, Carapuchiña co Lobo e Cincenta co príncipe. A Fada das Lilas beice o casamento.

Véxase tamén editar



 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.