A máquina de fiar chamada Spinning Jenny, é unha máquina de fiar inventada en 1765 por James Hargreaves (aínda que algúns identifican tamén a Thomas Highs como posible inventor) en Stanhill, preto de Blackburn en Lancashire, Inglaterra). Este dispositivo reduciu enormemente o traballo requirido para a produción de fío, dando a un só traballador a capacidade de manexar oito ou máis carretes á vez. Foi unha innovación técnica determinante na industria téxtil e unha das que abriu as portas á Revolución industrial, sendo considerada por iso un símbolo da época.

Spinning Jenny.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar