Spes
Spes foi unha revista editada en Pontevedra entre 1934 e 1962.
Spes | |
---|---|
País | España |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características Editar
Subtitulada Revista mensual. Órgano de la Juventud Católica de Pontevedra, apareceu o 15 de xuño de 1934. Foi vehículo de expresión da comunidade católica pontevedresa, especialmente da súa xuventude. Estivo dirixida por Gabriel Méndez Rodríguez ata o seu falecemento en 1947, cando o sucedeu Jesús Muíños González. Entre os seus colaboradores figuraron Vicente Risco, Sofía Casanova, Filgueira Valverde, Xesús Carro García, Enrique Chao Espina, Enrique Fernández-Villamil, Paulino Pedret Casado, Celso Emilio Ferreiro e Antonio Rey Soto. Publicou algúns artigos en galego. Entre os artistas colaboraron da revista figuraron Carlos Sobrino, Luís Pintos Fonseca, Alejandro Paisa Gil, Agustín Portela Paz e Xosé Sesto.