Speed (filme de 1994)

Filme de 1994 dirixido por Jan de Bont

Speed é un filme estadounidense dirixido por Jan de Bont que se estreou en 1994.

Speed
Ficha técnica
Título orixinalSpeed
DirectorJan de Bont
ProdutorMark Gordon
GuiónGraham Yost
IntérpretesKeanu Reeves
Dennis Hopper
Sandra Bullock
Joe Morton
Jeff Daniels
MúsicaMark Mancina
FotografíaAndrzej Bartkowiak
MontaxeJohn Wright
EstudioMark Gordon Productions
Distribuidora20th Century Fox
Estrea10 de xuño de 1994
Duración116 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción
Orzamento$30.000.000[1][2]
Recadación$350.400.000[1]
Filme seguinteSpeed 2: Cruise Control
Na rede
IMDB: tt0111257 Filmaffinity: 324271 Allocine: 10498 Rottentomatoes: m/speed_1994 Mojo: speed Allmovie: vm471751 TCM: 91031 Metacritic: movie/speed TV.com: movies/speed Netlix: 988423Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Jack Traven (Keanu Reeves) é un intrépido policía dos Ánxeles. A supervivencia nesa cidade para un axente da lei non é unha tarefa doada, pero Jack, ademais de desfrutar de boa sorte, coñece perfectamente os trucos para sortear o perigo. Porén, terá que afrontar unha dura proba cando debe subir a un autobús urbano que leva instalada unha bomba programada para estoupar se o vehículo diminúe a súa velocidade a menos de 50 millas por hora (80 quilómetros por hora). Empeza así unha tola carreira pola cidade, con Jack intentando dar confianza á unha fermosa pasaxeira chamada Annie (Sandra Bullock) que substituíu o condutor, ferido no "secuestro".

Descóbrese que o terrorista que puxo a bomba chámase Howard Payne (Dennis Hopper), quen foi policía, e que fixo isto porque quere extorsionar á cidade por 3,7 millóns de dólares. Payne ten todas as bazas nas súas mans, xa que nin sequera o colega de Jack, Harry Temple (Jeff Daniels), que actúa a través das autoridades policiais, pode facer algo acabando mesmo morto no intento. Aínda así Traven está decidido a facer todo o posíbel para deter ao terrorista.

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

  • 1994: 2 Oscars: Mellor son e efectos de son. 3 nomeamentos.
  • 1994: 2 premios BAFTA: Mellor montaxe e son. Nomeado a mellores efectos especiais.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "IMDB: Box office/business for 'Speed'". Consultado o 2011-05-08. 
  2. Leong, Anthony. "Speed Movie Review". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2018. Consultado o 2011-05-08. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar