Space Electric Propulsion Test
Space Electric Propulsion Test ou SERT foi unha serie de dous satélites artificiais dos Estados Unidos lanzados en 1964 e 1970.[1]
Características
editarOs satélites SERT foron satélites para probar a tecnoloxía de propulsión iónica. Foron construídos pola NASA e lanzados en 1964 e 1970.[1]
SERT 1
editarSERT 1 foi unha proba suborbital dos motores iónicos construídos polo Centro de Investigación Lewis da NASA. Foi lanzado mediante un foguete Scout X3 desde Wallops Island. O satélite levaba a bordo dous motores iónicos: un motor iónico de contacto de cesio de 8 cm de diámetro e outro de bombardeo de mercurio por electróns cun diámetro de 10 cm. O motor de cesio non chegou a acenderse por culpa dun curtocircuíto, mentres que as probas co motor de mercurio foron un éxito.[2]
SERT 2
editarSERT 2, con 1400 kg de masa, foi lanzado o 4 de febreiro de 1970 mediante un foguete Thor Agena D desde a base Vandenberg da Forza Aérea a unha órbita duns 1048 km de altura e 99,3º de inclinación orbital. SERT 2 levaba a bordo dous motores iónicos. Un deles funcionou durante máis de cinco meses, mentres que o outro funcionou durante tres. Fixéronse probas intermitentes posteriormente entre 1973 e 1981.[3]
Historial de lanzamentos
editarMisión[1][2][3] | Data de lanzamento[1][2][3] | Foguete lanzador[1][2][3] | Notas[1][2][3] |
---|---|---|---|
SERT 1 | 20 de xullo de 1964 | Scout X4 | Éxito |
SERT 1 | 4 de febreiro de 1970 | Thor Agena D | Éxito |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2021). "SERT" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SERT 1" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SERT 2" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2021.