Soiuz 26

misión do programa espacial Soiuz
(Redirección desde «Soyuz 26»)

Soiuz 26 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 10 de decembro de 1977 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Soiuz 26
Selo postal conmemorativo das Soiuz 26 e 27
TipoTripulada
Data de lanzamento10 de decembro de 1977, 1:18 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión96,42 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Saliut 6.[2][6]
Regreso16 de xaneiro de 1978, 11:25 GMT[1][6]
NSSDC ID1977-113A
Masa6570,0 kg[2][5][6]

Características editar

Soiuz 26, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Iuri Romanenko e Georgi Grechko a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6. A diferenza da Soiuz 25, a Soiuz 26 acoplouse completamente coa estación ao usar o segundo porto dispoñible e os cosmonautas puideron pasar ao seu interior. Pasaron un total de 96 días a bordo, marcando un récord no seu momento. As súas tarefas consistiron en facer diversas probas coa estación, así como experimentos e un paseo espacial (o primeiro desde unha estación Saliut, o 20 de decembro) para inspeccionar o porto de atraque ao que a Soiuz 25 se acoplou defectuosamente, determinando que o porto da estación estaba ben e o fallo estaba na Soiuz . Durante a súa estancia tivo lugar o primeiro avituallamento en órbita: a primeira nave Progress acoplouse á estación o 22 de febreiro, levando a bordo subministracións e propelente.[2][3][4][5]

A Saliut 6 coa Soiuz 26 acoplada foi tamén a primeira estación que recibiu unha tripulación visitante, a Soiuz 27, que atracou no porto libre o 10 de xaneiro de 1978. Así, durante cinco días, a estación estivo ocupada coas dúas Soiuz e cos catro cosmonautas a bordo, que se adicaron a facer probas e experimentos nalgúns casos dirixidos a comprobar o comportamento da estrutura formada polas tres naves e a súa resposta a perturbacións e resonancias. A tripulación visitante (Oleg Makarov e Vladimir Dzhanibekov) regresou a terra na Soiuz 26, deixando a máis nova Soiuz 27 para a tripulación de longa duración. O 3 de marzo de 1978 a Saliut 6 recibiría unha nova nave tripulada, a Soiuz 28, coa primeira misión Interkosmos a bordo.[2][3][4][5]

A Soiuz 26 volveu a terra o 16 de xaneiro de 1978 ás 11:25 GMT, con Dzhanibekov e Makarov a bordo.[2][3][4][5]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 26" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 26" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 16 January 1978 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (78-01481). 24 de xaneiro de 1978: 2. Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 26" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 26" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2017.