Sotu'l Barcu
(Redirixido desde "Soto del Barco")
Coordenadas: 43°31′32″N 6°03′08″O / 43.52556, -6.05222
Sotu'l Barcu (en castelán: Soto del Barco) é un concello do Principado de Asturias. En 2019 tiña unha poboación de 3.866 habitantes.
Limita ao norte co mar Cantábrico, ao leste con Castrillón, ao oeste co río Nalón que fai de fronteira con Pravia e Muros de Nalón, e ao sur con Candamo e Pravia. Atópase xunto á desembocadura do río Nalón e a súa costa está ocupada pola extensa praia dos Quebrantos.
Está formado polas parroquias de La Corrada, Ranón, Riberas e Sotu. As principais vilas do concello son a capital, Sotu, na parroquia homónima, e L'Arena (en castelán San Juan de la Arena), na parroquia de Ranón.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sotu'l Barcu |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |