Sorpresa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
Denomínase sorpresa a emoción ocasionada nas situacións ou circunstancias inesperadas. Considerada polo experto nas expresións faciais, Paul Ekman, como unha das seis emocións básicas (medo, aversión, ira, alegría tristeza e a propia sorpresa).
Segundo Paul Ekman no seu libro Unmasking The Face, a sorpresa pode ter valencia dos tres tipos, é dicir, neutro, positiva ou negativa.
Como identificala
editarPara ver se unha persoa está sorprendida, na súa cara veranse algún dos seguintes síntomas:
- Cellas elevadas
- Pálpebras abertas
- Pel enriba das cellas tensa
- Boca aberta e mandíbula baixa
Xa que a sorpresa é unha emoción de calquera valencia, pode estar seguida de calquera emoción, sendo pois posible sentir felicidade ou medo tras a sorpresa.