Sordello

trobador italiano


Sordello da Goito ou Sordel de Goit (tamén Sordell) foi un trobador italiano da escola poética provenzal do amor cortés. Nacido en Goito, preto de Mantua, no século XIII.

Modelo:BiografíaSordello

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1200 Editar o valor en Wikidata
Goito, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XIII (<30 de agosto de 1269) Editar o valor en Wikidata
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador, compositor, poeta, escritor Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Sordello
Library of the World's Best Literature Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: c36913ec-90bc-4e7b-ac46-82b01ecf4f94 Discogs: 5422710 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estivo na Península Ibérica entre 1237 e 1242, nas cortes de Afonso IX de León, Fernando III de Castela e Xaime I de Aragón. Pasou á corte de Carlos de Anjou, a quen acompañou na expedición a Italia (1265) para tomar posesión do Reino de Sicilia, e formar parte das batallas de Benevento e de Tagliacozzo.

Foi recompensado con varios feudos e castelos en pago dos seus “grandia, grata et acepta servitia”.

Descoñécese a data da súa morte, pero estes feudos pasaron a poder doutro cabaleiro da corte en 1269, polo que puido se falecer nese ano.

É autor dun longo poema didáctico, Ensenhamen (ou Documentum honoris) e dunhas corenta composicións menores, entre elas Planh per Blancata, que é unha crítica e sátira de varios soberanos contemporáneos.

Aparicións en obras doutros autores

editar

Sordello ten unha notable aparición no canto sexto do Purgatorio da A Divina Comedia, a obra do poeta florentino Dante Alighieri.

Tamén aparece en Molloy e Malone morre, dúas novelas do autor irlandés Samuel Beckett, nos Cantos de Ezra Pound e na novela Nocturno de Chile de Roberto Bolaño.

Protagoniza a ópera Sordello, de Temistocle Soleira e Antonio Buzzi.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar