Sophie Rostopchine
Sophie Rostopchine, máis coñecida como Condesa de Ségur e que tivo como primeiro nome Sofia Feodorovna Rostopchina (ruso: Софья Фёдоровна Ростопчина), nada o 1 de agosto de 1799 en San Petersburgo e finada o 9 de febreiro de 1874 en París), foi unha escritora francesa de orixe rusa, sobre todo coñecida pola súa novela infantil Les Malheurs de Sophie.
Traxectoria editar
Orixinaria dunha familia nobre que remontaba a súa xenealoxía á familia de Xenxis Kan, seu pai foi o Conde Feodor Rostopchin tenente xeneral e máis tarde ministro de asuntos exteriores ruso e gobernador militar de Moscova durante a invasión de Rusia por Napoleón. Súa nai era a aristócrata Ekaterina Petrovna Rostopchina. Sophie pasou a súa infancia no dominio de Voronovo, próximo a Moscova. Recibe unha educación na que primaba a aprendizaxe de linguas estranxeiras, en especial do francés, a partir dos trece anos, tras a conversión de súa nai ao catolicismo recibe unha educación nesa fe[1]. En 1814 seu pai caeu en desgraza, marchando ao exilio, residindo en varios países ata que en 1817 se establece en París e chama á súa familia para que residen ao seu lado. Establecida na capital francesa, Sophie coñeceu a Eugène de Ségur con quen casou en 1819 e con quen tivo oito fillos. Comezou a escribir a unha idade madura, publicando a súa primeira obra en 1855, un libro con consellos médicos pediátricos.
Obra editar
Didácticas editar
- 1855: La Santé des enfants, libro de pediatría con consellos médicos
- 1857: Livre de messe des petits enfants,
- 1865: Évangile d'une grand'mère
- 1867: Les Actes des apôtres
- 1869: Bible d’une grand-mère
Novelas e contos editar
- 1856: Nouveaux Contes de fées, escolma de contos como Histoire de Blondine, de Bonne-Biche et de Beau-Minon, Le Bon Petit Henri, La Petite Souris grise e Ourson.
- 1858: Les Malheurs de Sophie.
- 1858: Les Petites Filles modèles, presentado como continuación de Les Malheurs de Sophie.
- 1859: Les Vacances, tamén presentado como continuación de Les Malheurs de Sophie.
- 1860: Mémoires d'un âne
- 1861: Pauvre Blaise
- 1862: La Sœur de Gribouille
- 1862: Les Bons Enfants
- 1863: Les Deux Nigauds
- 1863: L'Auberge de l'Ange gardien
- 1863: Le Général Dourakine
- 1864: François le bossu
- 1865: Un bon petit diable
- 1866: Comédies et proverbes, escolma de relatos:Les Caprices de Gizelle, Le Dîner de Mademoiselle Justine, On ne prend pas les mouches avec du vinaigre, Le Forçat, ou à tout péché miséricorde e Le Petit De Crac.
- 1865: Jean qui grogne et Jean qui rit
- 1866: La Fortune de Gaspard
- 1867: Quel amour d’enfant !
- 1867: Le Mauvais Génie
- 1868: Le Chemineau, posteriormente publicouse co título Diloy le chemineau
- 1871: Après la pluie, le beau temps
Notas editar
- ↑ Patrick Pipet, Comtesse de Ségur - Les mystères de Sophie. Les contenus insoupçonnés d'une oeuvre incomprise, Éditions L'Harmattan, 2007, p. 77
Véxase tamén editar
Ligazóns internas editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sophie Rostopchine |