Sophie Calle

artista francesa

Sophie Calle, nada en París, o 9 de outubro de 1953,[1] é unha artista conceptual francesa,[2] ademais de escritora, fotógrafa e directora de cine. O principal obxecto da súa obra é a intimidade e de modo particular a súa propia, para iso utiliza gran diversidade de medios de rexistro como libros, fotografías, vídeos, películas ou performances.[3]

Infotaula de personaSophie Calle

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFotografía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfotógrafa , directora de cine , biógrafa , artista conceptual , coreógrafa , artista visual , escritora , artista de instalacións Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEuropean Graduate School (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
RepresentantePaula Cooper Gallery (en) Traducir, Perrotin (en) Traducir e Electronic Arts Intermix (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiRobert Calle (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0130387 Twitter: SophieCallle Musicbrainz: 6bf0d7ab-73e8-44b7-b3ab-561b1c5ac782 Discogs: 118464 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É filla do prestixioso oncólogo Robert Calle. A través da amizade do seu pai con artistas como Martial Raysse, Arman, e Christian Boltanski, recibe inspiración e influencia para decidirse ela mesma por unha carreira artística.[4]

Despois de viaxar por boa parte do mundo regresou a París en 1979. É profesora na European Graduate School (EGS) desde 2005.

Obra editar

A finais dos anos 70 presenta a súa primeira serie de fotografías. Ela mesma describiu o proxecto Les dormeurs (Os dormentes) da seguinte forma:

Pedínlles a algunhas persoas que me proporcionasen algunhas horas de sono. Viren durmir ao meu leito. Deixarse fotografar. Responder a algunhas preguntas. Propuxenlle a cada un unha estancia dunhas oito horas, a dun sono normal. Contactei por teléfono con 45 persoas: descoñecidos cuxos nomes me foron suxeridos por coñecidos comúns, amigos e habitantes do barrio chamados para durmir de día, (...) O meu cuarto tiña que constituír un espazo constantemente ocupado durante 8 días, sucedéndose os dormentes a intervalos regulares. (...) A ocupación da cama comezou o 1 de abril de 1979 ás 17 e finalizou o luns 9 de abril de 1979 ás 10, 28 dormentes sucedéronse. Algúns se cruzaron (...) Un xogo de cama limpo estaba á súa disposición (...) non se trataba de saber, de enquisar, senón de estabelecer un contacto neutro e distante. Eu tomaba fotos a todas as horas. Observaba os meus invitados durmindo.

De 1980 é o seu proxecto Suite Vénitienne (Suite veneciana), onde a partir dunha festa celebrada en Venecia, dedícase a perseguir sutilmente a un invitado, co fin de tomar parte da súa intimidade. Dese mesmo ano tamén é o seu proxecto Detective, onde lle encarga á súa nai que contrate a un detective para que a siga e realice un pormenorizado detalle da súa vida diaria incluíndo un soporte gráfico. Desta forma posúe a información recibida do detective e a información que ela recollera no seu diario persoal, e compáraas. A artista afirma:

A petición miña, durante o mes de abril de 1981, a miña nai achégase á axencia <Duluc. Detectives privados>. Pide que me sigan e reclama unha relación escrita do meu emprego do tempo e unha serie de fotografías proba da miña existencia.

En 1986 realiza a serie Les aveugles (Os cegos). Nela recolle os testemuños de varias persoas cegas de nacemento conforme ao que elas cren que é a beleza. Cada unha das pezas (un total de 23) está integrada por unha foto-retrato da persoa, xunto a outro cadro co seu testemuño escrito, e debaixo de todo iso unha fotografía daquilo que a persoa nomeou como a súa impresión subxectiva da beleza. Ela describiuno así:

Atopei persoas que son cegas de nacemento. Que non viron nunca. Pregunteilles que é para eles a imaxe da beleza.

Está obsesionada pola mirada, tanto a dos outros como a súa. "Que miran os outros cando me miran mirar", ademais dunha necesidade de saber do outro, como o demostra en Suite Vénitienne.

O escritor estadounidense Paul Auster na súa novela Leviatán inspira a personaxe de María Turner en Sophie Calle.

Outras obras editar

  • L' Hôtel (1981)
  • Les Tombes (1990)
  • Récits autobiographiques (1991)
  • Dislocations (1991, MOMA Nova York)
  • The last seen... (1992)
  • Double Blind (1992) (película)
  • Prenez soin de vous (2007)[5]

Premios editar

  • 2010: Premio Internacional da Fundación Hasselblad[6]

Notas editar

  1. "Sophie Calle". tate.org.uk (en inglés). Consultado o 19 de febreiro de 2021. 
  2. O'Hagan, Sean (4 de marzo de 2017). "Strangers, secrets and desire: the surreal world of Sophie Calle". theguardian.com (en inglés). Consultado o 19 de febreiro de 2021. 
  3. Galería Tate (1998). "Art Now: Sophie Calle" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2011. Consultado o 6 de marzo de 2011. 
  4. "Sophie Calle - Biography". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2011. Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  5. Enrique Vila-Matas (7 de outubro de 2007). "El largo adiós de Sophie Calle". El País (en castelán). Consultado o 6 de marzo de 2011. 
  6. Sophie Calle (9 de xaneiro de 2011). "Sophie Calle: 'I asked for the moon and I got it'" (en inglés). Consultado o 30 de novembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Exposición "Sophie Calle". Sala Amárica-Amarica Aretoa. Vitoria-Gasteiz. 1994 (dela está sacada a información relativa ás obras e as citas da autora)