Sophia Brahe, nada en 1556 e finada en 1643, foi unha astrónoma dinamarquesa que axudou ó seu polifacético irmán Tycho Brahe, 10 anos maior, nos seus estudos astronómicos, que foron básicos para determinar os sistemas orbitarios planetarios coñecidos actualmente.

Sophia Brahe
Sophie Brahe portrait.jpg
Nacemento22 de setembro de 1556 e 24 de agosto de 1559
 Castelo de Knutstorp
Falecemento1643
 Helsingor
NacionalidadeDinamarca
Alma máterautodidatismo
Ocupaciónastrónoma, historiadora, botánica, química, escritora e científica
PaiOtte Brahe
NaiBeate Clausdatter Bille
FillosTage Ottesen Thott til Eriksholm
IrmánsTycho Brahe, Jørgen Ottesen Brahe, Axel Ottesen Brahe, Steen Brahe e Knud Brahe
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi o mesmo Tycho quen coidou da súa educación cando se fixo evidente o seu interese polo estudo. A súa axuda estendeuse á astronomía, pero tamén ós outros traballos mantidos polo irmán no campo da saúde, dos cultivos ou a historia, chegando a ser, o mesmo que o irmán, unha lenda viva. É hoxe o día no que nalgunha universidade úsanse as súas crónicas como metodoloxía exemplar nas técnicas de investigación. Unha cita, extraida dunha publicación danesa de 1846 é ilustrativa sobre esta muller: “Cando Dinamarca lembra o seu fillo Tycho, non debera esquecer a nobre muller que era a súa irmá, máis en espírito que no sangue. Esta estrela xurdida no noso ceo danés era polo tanto unha estrela dobre”

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar