Sonia Villapol Salgado

neurocientífica galega


Sonia Villapol Salgado, nada en Bretoña (A Pastoriza) o 8 de maio de 1977, é unha neurocientífica galega. Traballa no Texas Medical Center de Houston, onde é investigadora principal e profesora no Center for Neuroregeneration no Methodist Hospital Research, nos Estados Unidos de América.[1][2]

Infotaula de personaSonia Villapol Salgado

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Bretoña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónneuróloga , investigadora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua inglesa e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiFernando Villapol Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla do escultor Fernando Villapol Parapar[3] e María Antonia Salgado, estudou na Universidade de Santiago de Compostela, acadando a licenciatura en Bioloxía con especialidade en Bioloxía molecular e Biotecnoloxía en 2003. Posteriormente trasladouse a Barcelona onde realizou un máster en Neurociencia e comezou os estudos de doutoramento no departamento de Bioloxía Celular, Fisioloxía e Inmuloxía da Universidade Autónoma de Barcelona. No ano 2007, defendeu a súa tese que trataba sobre os mecanismos da morte celular que ocorren no cerebro, obtendo unha cualificación de sobresaínte cum laude[4].

Tras esta experiencia estableceuse en Francia entre os anos 2007 e 2010, onde traballou como investigadora post-doc no Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS) na Universidade Pierre et Marie Curie e no INSERM en París. Tras esta etapa continuou a súa carreira nos Estados Unidos colaborando co Instituto Nacional da Saúde (NIH) e co Centro de Neurociencias e Medicina Rexenerativa[5].

En 2014 comezou a traballar na Universidade de Georgetown coma profesora asistente no departamento de Neurociencia. O ano seguinte, as prestixiosas revistas American Journal of Pathology (dos Estados Unidos) e Brain (editada en Oxford), publicaron en outubro e novembro respectivamente un seu traballo no que demostraba que un dano cerebral podía derivar nunha doenza hepática.[6]

 
Imaxe dos síntomas persistentes da Covid, creada por Sonia Villapol.

Sonia Villapol forma parte do Equipo de Investigación Internacional de covid-19, coordinando un equipo internacional de neurocientíficos que analiza como afecta o coronavirus ao cerebro e ao sistema nervioso e os seus efectos a longo termo.[7][8]

Publicou máis de setenta artigos científicos e a súa investigación céntrase no estudo da inflamación e da dexeneración do cerebro, na enfermidade de alzhéimer, na microbiota ou nos efectos da Covid.[9]

En xuño de 2022, no Paseo dos Soños de Vilalba dedicóuselle o décimo Hectómetro Literario, por iniciativa da Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María.[10] Con motivo da homenaxe ela declarou o seu compromiso co galego:

"Falar en galego a conciencia, e ás veces contracorrente, é un dos maiores praceres que existen. Escribilo e empregalo coma ferramenta, é a culminación. Levo facéndoo toda a vida".[11]

Ten colaborado coa revista Grial;[12] así, publicou no número 233, xunto con Xosé Guillerme Rodríguez Osorio, "Beneficios do bilingüismo no cerebro infantil".[13] Tamén adoita publicar e colaborar con diversos medios de comunicación galegos como Praza[14] ou La Voz de Galicia[15]

Recibiu en 2020, o nomeamento de Lucense do ano no apartado de ciencia[16] e en outubro de 2023, foi pregoeira das Festas de san froilán en Lugo.[17]

Obra en galego editar

Notas editar

  1. "Las secuelas del covid: "Algunos pacientes sufrirán enfermedades como el alzhéimer"". El Confidencial (en castelán). 2020-10-21. Consultado o 2020-10-24. 
  2. Uz, Carmen (4 de outubro de 2023). "Sonia Villapol abre o San Froilán brindando por Lugo e pola diáspora". elprogreso.es. Consultado o 8 de outubro de 2023. 
  3. Dato citado na presentación do libro 'Ciencia e conciencia. Historia social' de Fernando Villapol en Ribadeo, o Día das letras galegas de 2022.
  4. "Sonia Villapol Salgado | Galegos | Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2017-10-01. 
  5. "Sonia Villapol". www.cientificosus.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2017. Consultado o 2017-10-01. 
  6. Corbelle, Sabela (17 de setembro de 2015). "Una lucense lidera un estudio que une daño cerebral y hepático". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 8 de outubro de 2023. 
  7. jgibson. "Team Members". COV-IRT (en inglés). Consultado o 2020-10-24. 
  8. Lopez-Leon, Sandra; Wegman-Ostrosky, Talia; Perelman, Carol; Sepulveda, Rosalinda; Rebolledo, Paulina A.; Cuapio, Angelica; Villapol, Sonia (2021-08-09). "More than 50 long-term effects of COVID-19: a systematic review and meta-analysis". Scientific Reports (en inglés) 11 (1): 16144. ISSN 2045-2322. doi:10.1038/s41598-021-95565-8. 
  9. "Autores". xerais. Consultado o 1 de xullo de 2023. 
  10. "O Paseo dos Soños de Vilalba contará cun novo Hectómetro Literario". GALICIAXA. 2022-06-04. Consultado o 2022-06-12. 
  11. Villapol, Sonia (2022-05-16). "Un hectómetro por un soño". El Progreso de Lugo. Consultado o 2022-06-12. 
  12. Villapol, Sonia (xaneiro, febreiro, marzo, 2023). "A neurociencia do xénero". Grial LXI (237): 67–73. ISSN 0017-4181. 
  13. Villapol Salgado, Sonia; Rodríguez Osorio, Xosé Guillerme (xaneiro, febreiro, marzo 2022). "Beneficios do bilingüismo no cerebro infantil". Grial LX (233): 42–47. ISSN 0017-4181. 
  14. "Sonia Villapol". /praza.gal. Consultado o 8 de outubro de 2023. 
  15. "Sonia Villapol". lavozdegalicia.es. Consultado o 8 de outubro de 2023. 
  16. Villapol, Sonia (22 de novembro de 2021). "Os lucenses alumean á Ciencia". elprogreso.es. Consultado o 8 de outubro de 2023. 
  17. Varela, Suso (4 de outubro de 2023). "Sonia Villapol, pregonera del San Froilán de Lugo: «Nacín nunha curva da Pastoriza»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 8 de outubro de 2023. 
  18. Branco, Elvira (1 de agosto de 2023). "Sonia Villapol, neurocientífica: "Na Galiza a xente cre na ciencia e na medicina e demostrouno coa vacinación"". nosdiario.gal. Consultado o 8 de outubro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar