Sonia Ramos Piñeiro
política española
Sonia Ramos Piñeiro, nada en Lugo en 1969, é unha funcionaria e política galega
Sonia Ramos Piñeiro | |
---|---|
Nome completo | Sonia Ramos Piñeiro |
Nacemento | 1969 |
Lugar de nacemento | Lugo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Licenciouse en Dereito pola Universidade Pontificia de Comillas. Ingresou no corpo superior de administradores civís, e en 2000 foi nomeada no segundo goberno de José María Aznar subdirectora xeral da Función Pública local. En 2004, coa chegada ao poder do PSOE incorporouse como subdirectora xeral de Axudas ás Vítimas do Terrorismo e de Atención Cidadá, onde permaneceu durante oito anos. En 2012 foi escollida por Jorge Fernández Díaz, o novo ministro de Interior, para a dirección xeral de Apoio ás Vítimas do Terrorismo.