Sonia Megías

compositora española

Sonia Megías López, coñecida no ámbito artístico como Sonia Megías, nada en Almansa o 20 de xuño de 1982, é unha compositora e artista multidisciplinar española, directora de coros, intérprete de varios instrumentos e educadora. De 2010 a 2012 o Programa Fulbright, do Departamento de Estado dos Estados Unidos de América, concedeulle unha bolsa de investigación en Nova York onde realizou un Mestrado en Teoría e Composición musical.[1]

Sonia Megías
Nacemento20 de xuño de 1982
Lugar de nacementoAlmansa
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncompositora
Na rede
https://soniamegias.es/ e https://soniamegias.es/en/
Youtube: UC9YzGUaWTfLxnkH-XuWymTw IMSLP: Category:Megías,_Sonia Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Megías iníciase na música ao cinco anos aprendendo piano na Academia Lissen, xestionada pola súa nai, continúa os seus estudos de Piano e Viola no C. P. M. “Jerónimo Meseguer”[2] de Almansa e de Composición musical no C. S. M. “Manuel Massotti Littel”[3] de Murcia, onde se gradua en 2006. Continuou os seus estudos de Composición, Psicoacústica, Estética, Dirección Coral e Harmonía Moderna dentro e fóra de España. A súa formación multidisciplinar completouse con bolsas artísticas que a levaron a Italia e os Estados Unidos, no Conservatorio “Giuseppe Tartini”[4] (Trieste, 2003), a Villa Médici[5] (Roma, 2005), Residencias de Artistas “Basically Modern Arts Sanctuary (BMAS)” (Nova York, 2008), e “I-Park”[6] (Connecticut, 2008) ou o máster en Teoría e Composición Musical realizado na Facultade Steindhart[7] da New York University, durante as bolsas Fulbright e NYU Steinhardt en Nova York (2010-2012).

Desde 2001 realiza traballos de composición para organizacións escénicas e coros. Realizou proxectos de composición e dirección musical para diferentes institucións, a Revista Docenotas (2006), a Orquestra Nacional de Jazz (ONJAZZ, 2006-07), a Real Escola Superior de Arte Dramática (RESAD, 2007), o Centro para a Difusión da Música Contemporánea (CDMC, 2009), o Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM) (en 2011 e 2015), o Concello de L’Aquila (Italia, en 2012), ou a asociación Ear to Mind xunto co Symphony Space (Nova York, en 2012), o Teatro Real de Madrid (2017)[8]

Realizou colaboracións con compositoras como Bunita Marcus (Nova York) ou Sofía Martínez (Vitoria), e con outros profesionais, como os dramaturgos Ernesto Caballero de las Heras e Vanessa Montfort.

En 2021 reside en Altea (Alacant) onde realiza as súas investigacións vitais. Megías continúa explorando as partituras obxecto (partituras raras ou notacións expandidas), a cultura Náhuat, novas obras como compositora residente[1] do Museo Thyssen-Bornemisza, para a Federación Coral de Madrid (FECORMAD),[9] para o grupo vocal experimental Coro Delantal, ou compositora arranxadora para diferentes grupos. Desde 2010, forma coa artista multidisciplinar Eva Guillamón o dúo literario-musical Dúa de Pel.[10]

A partir de 2012 participa en exposicións colectivas e individuais, coas propostas multidisciplinares das súas investigacións sensoriais ao redor da música. As partituras obxecto de Megías expuxéronse en Valladolid, Madrid,[11] Urueña, O Salvador (San Salvador). Participa como asociada en Mujeres en la Música.[12]

Traballo docente editar

Desde 1998 imparte cursos e talleres de Harmonía Práctica, Improvisación, Análise de Partituras, Instrumentación, Música Contemporánea, Música para a Imaxe ou Notación Musical Expandida, en diversos centros. No ano 2007 obtivo o Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP) na Universidade Complutense de Madrid. Destacar os cursos que impartiu como docente no C. P. M. de Cieza (Murcia, 2007-08), o C. P. M. de Almansa (2008), a Universidade de Castela-A Mancha (2008), a escola de artes escénicas “Estudo 3” de Madrid (2008) ou o Conservatorio Superior de Música das Palmas de Gran Canaria (2009).

Investigación editar

Megías investiga diferentes formas expresivas ao redor de rituais socioculturais desde a súa bagaxe musical, con propostas performativas influídas pola artista interdisciplinar española Esther Ferrer como son as obras de vídeo arte que presenta como Mono+Graphics.[13] As procesións harmónicas[14] de Megías introducen a música en percorridos procesionais que exploran espazos urbanos a modo de deriva conducida pola música.

O compromiso social de Megías lévaa a explorar desde a música os instrumentos tradicionais por todo o mundo, con vínculos duradeiros como os que ten co Salvador e a cultura Náhuat. O proxecto de revitalización da lingua náhuat do Salvador a través da música, realizado co apoio de Cooperación Española[14] en San Salvador recóllese no documental Ne nawat shuchikisa[15] (O Náhuat florece) e a publicación Tajtakwikalis ipal nutalyu (Cantos da miña terra), máis de 150 cancións en lingua náhuat recompiladas por Megías no Salvador[16] desde 2012.

Froitos de investigacións con obxectos musicais multiétnicos, as Partituras obxecto ou partituras raras[17] son obxectos artísticos cos que Megías quere dar valor ao raro, a diversidade que integra o mundo que nos rodea.

Traballo como intérprete editar

Desde 1995 Megías participa como instrumentista, guitarrista, pianista, compositora ou cantante con diferentes grupos e estilos musicais, música étnica, jazz, clásica, contemporánea, participa en concertos como intérprete con instrumentos e voz, ou como directora. Ao final das Marchas por la Dignidad[18] realizadas en Madrid, o 22 de marzo de 2014 Megías dirixiu a ‘Orquesta y coro de la Dignidad’ na Praza de Colón de Madrid.

O seu repertorio de actuacións en directo é polifacético,[19] dirixindo orquestras ou coros (Coro de voces bravas, Coro delantal), intérprete ou instrumentista tanto en grupos como en solitario, ou en actividades[20] performativas.

Composición editar

Como compositora é autora de obras estreadas por todo o mundo, no I Festival des Jeunes Musiciens Européens (Bordeus, 2004), Concerts at Smithsonian National Contemporary Art Museum (Washington, 2005), Festival Mujeres en la Música (Getxo, 2007), III Centenario de la Batalla de Almansa (Almansa, 2007), Ciclo de concertos do CDMC, no Auditorio 400 do Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía MNCARS (Madrid, 2008), Festival Fémina Clásica 2008 da Fundación Autor no Auditorio Conde Duque[20] (Madrid, 2008), así como de proxectos experimentais como o desenvolvido para o Thyssen.[1]

Nos seus traballos valora a importancia da arte na inclusión de persoas con diversidade funcional, como mostra a súa proposta para o festival Una Mirada Diferente do Centro Dramático Nacional, coa composición musical da obra Cáscaras vacías.[21]

Recoñecementos editar

  • 2010-2012 Bolsa do Programa Fulbright.[22]
  • 2014 Forma parte do libro Almanseños, sobre persoas ilustres de Almansa.[23]
  • 2015 Programa monográfico sobre o traballo compositivo de Megías, por Miguel Álvarez-Fernández en Espacio ‘Ars Sonora’,[24] de Radio Clásica (Radio Nacional de España).

Obras seleccionadas editar

Intérprete editar

  • 2018 concerto con Dúa de Pel,[25] presentación primeiro disco no Teatro Real[26] de Madrid.
  • 2019 concerto con Dúa de Pel[27] en Toquio. Xira de concertos en Asia.[28]
  • 2019 concerto «auto sacramental» para Feminae in ecclesia[29] para Semana Santa do Concello de Madrid.
  • 2019-2020 Perpetuum Mobile[1] para o Museo Thyssen de Madrid.

Composición e dirección editar

  • En 2011 funda o grupo experimental CoroDelantal co que continúa como directora investigando novas formas de expresión performativa musical.[20]
  • Desde 2015 funda e dirixe o Coro Fulbright[30] do Instituto Internacional da Embaixada dos Estados Unidos en Madrid.
  • 2017 Ne nawat shuchikisa[14][15] sobre un proxecto[16] de Megías para recuperar a cultura Náhuat a través da música. Producido por Cooperación Española (AECID).
  • 2017 Somos naturaleza[31] cantata para o Teatro Real[8] de Madrid.
  • 2019-2020 Perpetuum Mobile[1] actividade musical performativa para o Museo Thyssen de Madrid.

Investigación editar

Procesións harmónicas editar

As procesións harmónicas percorren espazos urbanos públicos como deriva sobre os rituais procesionais. Desde 2012 a 2019 realizou XVI procesións harmónicas percorrendo diferentes espazos de Madrid[32] (Barrio del Conde Duque, Barrio de Puerta del Ángel, Parque de El Retiro, Barrio de Fuencarral, Barrio Centro, Sala Pradillo[33]), Pinilla del Olmo (Soria), San Salvador (O Salvador[14]), Mira (Cuenca), Valencia, Buitrago del Lozoya (Madrid), Braojos de la Sierra (Madrid), Almansa (Albacete), Santa Tecla (O Salvador), Nova York (Manhattan, Universidade de Nova York ao Centro Español).

Mono+Graphics[13] editar

Mono+Graphics son propostas experimentais nas que Megías integra concerto, exposición, actividade performativa e obradoiro. Desde 2003 até 2019 realizou oito Mono+Graphics en Nova York (SoHo Gallery for Dixital Art, Fundación ‘Experimental Intermedia’, Instituto Cervantes), Madrid (CCCD, SGAE, Fundación ‘Entredós’, Sala ‘Espacio Rolda’) e Almansa (Universidade Popular). Organizado por Concello de Madrid en 2019, VIII Mono+Graphic[13] no Centro cultural Conde Duque.

Partituras raras (ver Galería) editar

Megías experimenta coa súa contorna musical e converte partituras en obxectos artísticos, Partituras objeto ou Partituras raras, con diferentes capacidades sensoriais, son obxectos que expresan a metodoloxía creativa que utiliza Megías para compor música.[34]

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Actividad - Recorridos musicales: Perpetuum mobile" (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  2. "conservatoriodealmansa.es" (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  3. "Conservatorio Superior de Música de Murcia" (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  4. "Conservatorio" (en italiano). Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  5. "Accademia di Francia a Roma" (en italiano). Consultado o 10 de xuño de 2020. 
  6. "I-Park International Artist-in-Residence Program | I-Park Foundation, Inc." (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2020. 
  7. "NYU Steinhardt" (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2020. 
  8. 8,0 8,1 "Somos Naturaleza: donde todo empieza". Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  9. "Coros Federados" (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  10. "English Language Broadcast - Dúa de Pel - 31/08/17" (en castelán). 31 de agosto de 2017. Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  11. "“Se ve, pero sí se toca”" (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  12. "Soci@s" (en castelán). 24 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2020. Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  13. 13,0 13,1 13,2 "VIII Mono + Graphic" (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 CCESV. "Ne Nawat Suchikisa (el náhuat florece)" (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  15. 15,0 15,1 "Ne Nawat. Shuchikisa. Cancionero coral" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2021. Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  16. 16,0 16,1 "Con música celebraron el Día Internacional de la Lengua Materna" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2020. Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  17. Chueca, Somos (26 de xaneiro de 2015). "Concierto multidisciplinar para presentar la editorial de partituras Ediciones Delantal" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2021. Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  18. Rodríguez, Olga. ""Se ha querido enturbiar una enorme manifestación pacífica y cívica"" (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  19. "Hoy, compositoras" (en castelán). 25 de abril de 2019. Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  20. 20,0 20,1 20,2 "Conde Duque enCantado" (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  21. "Cáscaras vacías" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2017. Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  22. "Informes anuales" (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  23. "Presentación del libro "Almanseños" de Alfonso Hernández Cutillas.". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2021. Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  24. "Ars Sonora - Sonia Megías - 09/05/15" (en castelán). 9 de maio de 2015. Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  25. "La riproposta - Dúa de Pel - 20/10/18" (en castelán). 20 de outubro de 2018. Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  26. "Dúa de Pel presenta su primer trabajo discográfico en el Teatro Real" (en castelán). 27 de septiembre de 2018. Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  27. "Actividades culturales del Instituto Cervantes" (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  28. "Dúa da Pel" (en castelán). 11 de septiembre de 2019. Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  29. "Sonia Megias" (en castelán). 8 de abril de 2019. Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  30. "Coro Fulbright" (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  31. "English language broadcast - 'Somos Naturaleza', Sonia Megías & Eva Guillamón - 04/08/17" (en castelán). 4 de agosto de 2017. Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  32. madminina (28 de febreiro de 2013). "V festival de Jazz la escalera de Jacob/Festival de Música Experimental Nits d’Aielo" (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  33. querevientenlosartistas (27 de febreiro de 2013). "Festival Nits d’Aielo i Art" (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  34. "Interpretación de la Partitura Táctil "The Time in a Thread.1" Coro Delantal, dirigido por Sonia Megias, el día 23 de Abril, en la Librería Enclave de Libros, en Madrid" (Vídeo). 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar