Songkick

servizo de descuberta de concertos e venda de entradas

Songkick é unha compañía tecnolóxica estadounidense que proporciona servizos de descubrimento de concertos e de vendas de entradas para eventos musicais ao vivo. A web e a app móbil de Songkick permite aos usuarios rastrexar a artistas en xira, recibir alertas de concertos na súa área e mercar entradas para os espectáculos, usando tecnoloxía e servizos que dirixen e xestionan as vendas de entradas en nome de artistas.

Songkick
Tipoprivada
Fundación2007
MatrizWarner Music Group
LocalizaciónNova York
FundadorMatt Jones e Ian Hogarth
Persoas claveRoger Denys Booker
Industriamúsica ao vivo
Na rede
https://www.songkick.com
Facebook: songkick Twitter: songkick Instagram: songkick TikTok: songkick Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Songkick foi fundada en 2007 por Ian Hogarth, Michelle You e Pete Smith[1] como parte do programa Y Combinator, un acelerador de sementes centrado en start-ups tecnolóxicas. O modelo de negocio inicial de Songkick, baseada no seu servizo de descubrimento de concertos, baseouse nas tarifas de referencia das compañías de venda de entradas.[2] A compañía lanzou a súa primeiro aplicación móbil en 2011. En xuño de 2015 Songkick fusionouse con CrowdSurge, un provedor de servizos de venda de entradas para artistas.[3] CrowdSurge fora fundado por Matt Jones en 2008,[4] e el e Hogarth dixeron que decidiran unir as dúas compañías para corrixir "unha masiva ineficiencia no mercado".[5] Acompañía combinada continúa operando baixo a marca Songkick. Jones e Hogarth traballaron como co-CEOs de Songkick ata que Jones tomou ese rol en solitario en xaneiro de 2016.[6][7]

Warner Music Group anunciou en xullo de 2017 a compra da app de Songkick para atopar concertos e a marca rexistrada da compañía por 5 millóns de dólares.[8][9] A app continuou operando como unha marca independente supervisada pola división de servizos de artistas e selos de Warner Music.

O CEO de Songkick CEO Matt Jones anunciou en outubro de 2017 que a compañía deixaría de vender entradas a finais dese mes, un proceso iniciado "a principios deste ano cando Ticketmaster e Live Nation bloquearon efectivamente o noso negocio de venda de entradas nos Estados Unidos".[10] En xaneiro de 2018 Live Nation resolveu a súa demanda con Songkick por 110 millóns de dólares.[11]

Songkick ten sistemas para detectar a revenda, reducindo os incentivos por revender (creando áreas de admisión xeral en vez de asentos asignados) e facendo máis doado aos fans mercar as entradas (realizando varios lanzamentos de entradas, non só un), reducindo a porcentaxe de entradas que rematan no mercado secundario ao 1,5% do total.[12]

Notas editar

  1. Sisario, Ben (2011-05-01). "Songkick Site Tracks Live Music for Users". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-12-01. 
  2. Lee, Dave (2013-05-16). "'Kickstarter for gigs' is launched" (en inglés). Consultado o 2019-12-01. 
  3. "Songkick And CrowdSurge Merge, Raise $16M To Combine Concert Discovery And Ticketing". TechCrunch (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2019-12-01. 
  4. Lagorio-Chafkin, Christine (2014-06-25T10:0522-0400). "A Music Startup's New Brooklyn Home". Inc.com (en inglés). Consultado o 2019-12-01. 
  5. Segran, Elizabeth (2015-11-17). "How Songkick 2.0 Is Merging The Needs Of Fans And Artists". Fast Company (en inglés). Consultado o 2019-12-01. 
  6. Carson, Biz. "How having two CEOs taught one startup a valuable lesson". Business Insider. Consultado o 2019-12-01. 
  7. "Songkick loses a CEO, gains a chairman". IQ Magazine (en inglés). 2016-01-07. Consultado o 2019-12-01. 
  8. "Warner Music Group buys concert discovery service Songkick". TechCrunch (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2019-12-01. 
  9. Burns, Sean (2017-12-07). "Report: Songkick Pitched Ticketmaster on Purchase During Lawsuit" (en inglés). Consultado o 2019-12-01. 
  10. "Songkick to shutter ticketing division". IQ Magazine (en inglés). 2017-10-13. Consultado o 2019-12-01. 
  11. Burns, Sean (2018-01-15). "Dissecting the Songkick Settlement: Why did Live Nation Wait?" (en inglés). Consultado o 2019-12-01. 
  12. Horowitz, Steven J. "The Concert Ticket Industry Is Still Broken". Vulture (en inglés). Consultado o 2019-12-01. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar